Miranda destacou na Radio Galega que o apoio e asesoramento laboral ás e aos retornados galegos será o eixe central da nova Estratexia Retorna 2026

O secretario xeral da Emigración, nunha foto de arquivo na Radio Galega
O secretario xeral da Emigración, nunha foto de arquivo na Radio Galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega que a nova Estratexia Retorna 2026 terá como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos. 

O secretario xeral recordou que esta estratexia ten como obxectivo lograr o   rexuvenecemento da poboación galega e o dereito dos galegos e galegas do exterior a retornar. Para conseguilo, potenciarase tamén a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con novos servizos laborais e fiscais. Tamén serán novidosos os programas que se porán en marcha nos próximos meses da man da Consellería de Emprego.  Durante a entrevista na RG, o secretario xeral da Emigración explicou que toda este labor reflíctese nos datos do saldo migratorio, que veñen a demostrar que estes programas están a dar os seus froitos, e neste senso, recordou que precisamente, os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, veñen a reflectir que Galicia gañou poboación no primeiro semestre de 2022, grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas. O obxectivo da nova estratexia é poder conseguir o retorno de, polo menos, 30.000 galegas e galegos do exterior nos próximos 4 anos.

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración na Radio Galega | Descargar
511 lecturas