Rodríguez Miranda destaca na Radio Galega o labor da primeira Estratexia Galicia Retorna que permitiu, dende 2018, enriquecer e rexuvenecer a sociedade galega

O secretario xeral da Emigración, nunha foto de arquivo na Radio Galega
O secretario xeral da Emigración, nunha foto de arquivo na Radio Galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa 'A Crónica' da Radio Galega que a Xunta puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna en 2018, unha oportunidade tanto para as e os que queren regresar como para a propia comunidade autónoma. Deste xeito, esta primeira estratexia contribuíu a enriquecer á sociedade galega co regreso de máis de 28.000 galegas e galegos de 40 países de todo o mundo.

Ademais, tamén logrou o rexuvenecemento da poboación galega, xa que o 80% dos retornados e retornadas teñen menos de 65 anos, e máis da metade non supera os 45. Miranda tamén recordou que a inicios de 2020 púxose en funcionamento a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, co apoio dos fondos FSE, que ata o día de hoxe asesorou e fixo seguimento de máis de 11.000 persoas tanto de xeito presencial como telemática, e deu resposta a máis de 40.000 consultas, tanto durante o proceso de decisión do retorno, dende os seus países de orixe, como na súa chegada. Durante a entrevista na RG, o secretario xeral da Emigración explicou que toda este labor reflíctese nos datos do saldo migratorio e insistiu que, precisamente, os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, INE, veñen a reflectir que Galicia gañou poboación no primeiro semestre de 2022, grazas a un saldo migratorio positivo de 12.768 persoas. 

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración na Radio Galega | Descargar
378 lecturas