Canal Rías Baixas analiza co secretario xeral da Emigración a posta en marcha da nova Estratexia Galicia Retorna que potenciará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno

Antonio Rodríguez Miranda
Antonio Rodríguez Miranda
Entrevista en Canal Rías Baixas
Listen to this page using ReadSpeaker
Pontevedra, 21 de xaneiro de 2023.

O Canal Rías Baixas de televisión analizou da man do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a posta en marcha da nova Estratexia Galicia Retorna que ten coma obxectivo, tras o éxito da primeira estratexia, conseguir o regreso de, polo menos, 30.000 galegas e galegos do exterior, facilitándolles apoios e axudas a través de todos os departamentos autonómicos.

A nova estratexia pon o foco de xeito relevante no eido laboral, ao que se destinarán 175 millóns de euros ata 2026 para impulsar o emprendemento, a formación e o emprego das e dos galegos do exterior. Duplicarase o orzamento  desta ferramenta ata os 450M€, dos cales 50M€ destínanse a medidas específicas. Con este fin, potenciarase tamén a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da provincia de Pontevedra, que se atopa na Delegación da Xunta en Vigo, e que contará novo persoal técnico de apoio no ámbito laboral e fiscal.

Pode verse a reportaxe completa en www.canalriasbaixas.com.

210 lecturas