Miranda explica en esRadio a importancia do apoio laboral ás e aos retornados galegos na nova Estratexia Galicia Retorna 2026

Antonio Rodríguez Miranda, nos estudios de esRadio
Antonio Rodríguez Miranda, nos estudios de esRadio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou en esRadio Galicia a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) que ten como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos, que roldará ás 100 iniciativas. 

O secretario xeral recordou que esta estratexia ten como obxectivo lograr o rexuvenecemento da poboación galega e o dereito dos galegos e galegas do exterior a retornar. Para conseguilo, a Xunta tamén potenciará a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con novos servizos laborais e fiscais. Especialmente novidoso será o programa Retorna Cualifica Emprego, que quere casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais das e dos retornados. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. Todas as diferentes medidas incluídas neste documento buscan intensificar os esforzos para mellorar os resultados do retorno, sempre tendo en conta que a realidade social galega sitúa a Galicia entre as comunidades con maior volume de persoas que apostan por volver á terra de orixe.

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración en esRadio | Descargar
326 lecturas