Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
30Xuño2022As e os galegos retornados pódense beneficiar da axuda da Xunta de 250 euros do Bono alugueiro para a mocidade audio O DOG publica hoxe as axudas desta iniciativa para persoas entre 18 e 35 anos. Esta subvención, que conta cun orzamento de 22,8 millóns de euros, beneficiará como mínimo a preto de 3.800 mozas e mozos galegos. No mes de xullo tamén está previsto convocar o bono de alugueiro social, co que a Xunta seguirá asumindo o 100% do custo do arrendamento de familias e persoas en situación de vulnerabilidade. As galegas e galegos retornados poderán... Máis información
-
29Xuño2022Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Valencia para analizar novas iniciativas da entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho, na sede da Secretaría Xeral da Emigración, ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, para analizar novas iniciativas e a situación da entidade, así como para facer balance sobre as diferentes actividades realizadas nos últimos meses para a difusión do Camiño de Santiago polo Ano Santo Xacobeo, destacando a divulgación nestes intres en Galicia... Máis información
-
28Xuño2022Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás e aos galegos residentes na capital arxentina audio Emigración destina 30.000€ ao Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar para a atención socioasistencial básica ás galegas e galegos residentes na capital arxentina. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 30.000 euros para o Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar de cara a axudar na atención socioasistencial básica aos galegos e galegas residentes na capital da Arxentina. Esta entidade sen ánimo de... Máis información
-
28Xuño2022Emigración lembra que a convocatoria de axudas para o programa de obradoiros nas entidades galegas do exterior remata este venres audio O programa, que pon en marcha talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, conta cun orzamento de 150.000 euros e sufragará os gastos de contratación do profesorado e materiais de formación. Os obradoiros poderán ser impartidos pola modalidade presencial ou telemática. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que a convocatoria de axudas para a posta en marcha de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios... Máis información
-
27Xuño2022Emigración publica unha selección das fotografías do acto de entrega dos diplomas ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da 5ª edición das BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante o acto de entrega dos diplomas da concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da quinta promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME. O acto celebrouse o pasado 17 de xuño no edificio Fontán da Cidade da Cultura, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Galería de imaxes: picar aquí para acceder Máis información
-
26Xuño2022Miranda participou nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” de Mondoñedo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na tarde de onte nunha mesa redonda sobre os centros galegos de América dentro das XV Xornadas “Abrindo Camiño” celebradas en Mondoñedo. Neste encontro tamén se debateu sobre as tradicións das peregrinacións xacobeas nese continente, destacando o secretario xeral o importante papel que neste senso xogan as entidades galegas, xa que, na actualidade, 29 delas forman parte do... Máis información
-
25Xuño2022Emigración comparte un novo episodio do podcasting mensual “Galicia é Migrante” en colaboración coa Fundación Luis Seoane audio A Secretaría Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é Migrante”, que permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados doutros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor. No novo programa, o locutor Antón Lezcano entrevista ao director e guionista Óliver Laxe, director e guionista do filme O que arde... Máis información
-
24Xuño2022O especial “Historias de ida e volta” de xuño destaca o legado educativo do emigrante filántropo Pedro Murias audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de xuño do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, no legado... Máis información
-
23Xuño2022A proxección do documental “Welcome to ma maison”, dentro do Ciclo Mestre Mateo, chega esta semana a seis centros galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o filme protagonista do mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo, Welcome to ma maison, poderase desfrutar este mesmo xoves no Lar Gallego de Sevilla e, o próximo sábado 25, na Asociación Cultural Galega de Berlín Son, no Centro Galego de Tarragona, no Centro Gallego de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e no Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires. O... Máis información
-
22Xuño2022Emigración convoca o programa “Reencontros co Xacobeo” para 205 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo. Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria das axudas... Máis información
Páxinas |