Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
25Marzo2026A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ audio O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe en Cidade de México Expo UMEGAL, un evento enfocado a profesionais da hostalería, da gastronomía e do contract. A iniciativa Artesanía no Prato nace no 2013 co fin de incorporar a Artesanía de Galicia como soporte dos produtos gastronómicos e resultou gañadora do Premio Promociona para Entidades Públicas nos Premios Nacionais de Artesanía 2025. A Consellería de Emprego, Comercio... Máis información
-
25Marzo2026A Xunta salienta a colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela e co resto de centros galegos do país a prol da atención social da cidadanía do exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración reforza en Caracas os lazos coa entidades galegas de referencia da diáspora. José González visitou a Oficina Social e o Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, ambos apoiados polo Goberno galego, destacando o seu papel esencial na atención directa á colectividade galega. Durante o percorrido, puxo en valor a Oficina Social como un recurso clave para facilitar o acceso ás axudas públicas,... Máis información
-
24Marzo2026José González inicia a axenda da súa primeira viaxe institucional a Venezuela cun encontro de traballo co embaixador de España no país audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, acompañado polo secretario xeral da Emigración, reforza en Caracas o apoio aos galegas e galegas da diáspora. O obxectivo desta reunión é analizar a situación da colectividade galega, que supera as 30.000 persoas, nun contexto marcado pola complexidade política e social. Neste sentido, José González salienta que a colaboración coa Embaixada de España resulta clave para garantir unha atención... Máis información
-
20Marzo2026A Xunta impulsará en Ecuador a proxección mundial do modelo galego de atracción de talento e consolidará os lazos coa colectividade residente en Venezuela audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciará o martes en Caracas unha viaxe institucional orientada a coñecer de primeira man a situación e necesidades da comunidade galega asentada no país, que supera as 30.000 persoas. A axenda incluirá, entre outros encontros, visitas á Oficina Social e ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, unha xuntanza cos responsables das entidades galegas do país e asistencia á... Máis información
-
20Marzo2026Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con José Canosa Blanco, presidente do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, co obxectivo de continuar reforzando a colaboración institucional e analizar novas vías para impulsar a actividade da colectividade galega en Cataluña. Durante a reunión abordáronse os principais retos actuais da entidade, así como novas iniciativas... Máis información
-
19Marzo2026Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino audio Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos. En paralelo, increméntase en máis de 15.000 as persoas descendentes xa nacidas no estranxeiro, acadando actualmente unha comunidade galega no exterior de máis de 563.000 cidadáns. O número de emigrantes galegos —persoas que naceron en Galicia e residen no exterior— volve baixar un... Máis información
-
18Marzo2026A Xunta salienta a capacidade das BEME para atraer talento cualificado do exterior cunha nova edición aberta coa que se acadarán os 2.000 beneficiarios audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo un encontro coa mocidade galega do exterior que realiza este curso os seus mestrados na Universidade da Coruña. José González lembrou que ata o 30 de abril está vixente o prazo de solicitude da convocatoria 2026-2027, coa que se chegará á cifra histórica de máis de 15 M€ mobilizados nesta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna. Constatou a eficacia destas axudas para seguir... Máis información
-
17Marzo2026A Xunta reitera ao Goberno a necesidade de axilizar a homologación de títulos para reforzar a inserción laboral cualificada do alumnado das Bolsas BEME audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo un encontro coa mocidade galega do exterior que realiza este curso os seus mestrados na Universidade de Vigo. José González insistiu, na liña da recente reunión co secretario xeral de Universidades, na necesidade dunha vía áxil, coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio, que reduza burocracia e lles permita acceder a postos acordes á súa formación. Reafirmou que isto permitiría... Máis información
-
16Marzo2026Miranda: “A colectividade galega en Uruguai é un exemplo de compromiso coa nosa cultura e coas nosas tradicións” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez e o cónsul xeral de España en Uruguai, Juan Carlos Gafo, participou na tradicional romaría organizada polo Centro Galego de Montevideo, unha celebración que reuniu a milleiros de persoas da colectividade galega e que volveu converterse nun dos grandes encontros anuais da galeguidade no país. Durante a xornada, Miranda puxo... Máis información
-
15Marzo2026Miranda: “As mulleres da emigración foron clave para manter viva a identidade galega nas comunidades do exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Centro Galego de Avellaneda no acto conmemorativo do Día da Muller, no que se fixo entrega das distincións “A Barca de Sálvora á Muller Galega”, un recoñecemento que destaca o compromiso e a traxectoria de mulleres da colectividade que contribuíron a manter viva a cultura e as tradicións galegas na Arxentina. No evento tamén estivo presente o delegado da Xunta de Galicia... Máis información
Páxinas |









