Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
20Xullo2026Rueda anuncia a concesión da Medalla de Galicia para catro mulleres que son exemplo da integración, arraigo e o compromiso da colectividade galega no exterior audio Rueda resalta que é “o galardón máis importante” que outorga a Xunta. Unha das galardoadas é Claudia Álvarez, presidenta dun grupo de hoteis na Arxentina e actual vicecónsul honoraria de España en Mar del Plata. Tamén obteñen este recoñecemento Carla Angola, unha das xornalistas máis influentes de Venezuela, e a odontóloga Camila Fernández, referente no Brasil. A cuarta Medalla é para Beatriz Gil, que exerce como fiscal xefa de Menores no cantón... Máis información
-
20Xullo2026A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026 audio Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificando unhas 2.000 persoas. Desde o pasado 8 de xullo, as mestras e mestres participantes este ano -dunha media de 35 anos- recibiron formación especializada sobre baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste... Máis información
-
17Xullo2026A Xunta pon de relevo no Porto do Son a importancia de preservar a memoria da emigración como parte do patrimonio colectivo de Galicia audio O secretario xeral da Emigración participou na presentación do libro ‘Sonenses en América e americanos en Porto do Son’ e na inauguración da exposición ‘A memoria da emigración nas familias de Porto do Son’, promovida polo Concello e financiada polo Goberno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no Museo da Memoria Mariñeira Marea, en Porto do Son, na presentación do libro Sonenses en América e... Máis información
-
17Xullo2026Lugo acollerá este luns 20 de xullo a gran gala de clausura de Escolas Abertas, cunha actuación sorpresa dun recoñecido artista internacional galego audio A Praza de Santa María en Lugo converterase este luns 20 de xullo, a partir das 20:30 horas, no escenario da Gran Gala de Clausura do programa Escolas Abertas, unha cita aberta a toda a cidadanía que porá o broche final a dúas semanas de formación intensiva arredor da cultura tradicional galega. A entrada será libre. A gala contará coa actuación especial dun recoñecido artista galego, un dos músicos con maior proxección internacional, que... Máis información
-
14Xullo2026Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a seguir fortalecendo a presenza da cultura galega en Andalucía audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo con Maribel García, representante da Casa de Galicia en Córdoba, no que abordaron a situación da colectividade galega en Andalucía e os principais proxectos que a entidade desenvolverá nos vindeiros meses. Durante a reunión, Miranda agradeceu o labor que realiza a entidade para manter viva a identidade galega e animou á súa directiva a continuar... Máis información
-
12Xullo2026A delegada da Xunta no Uruguai salienta o papel do Club Español de Montevideo como punto de encontro da colectividade española audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do 148º aniversario do Club Español de Montevideo, unha entidade histórica que desde hai case século e medio traballa para fortalecer os vínculos entre España e Uruguai e fomentar a convivencia da colectividade española. Durante o acto, no que tamén estiveron presentes representantes das principais institucións españolas no país, Domínguez destacou a traxectoria do Club... Máis información
-
12Xullo2026A Xunta reforza a coordinación coas asociacións venezolanas e cos centros galegos para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos rexistrados audio Os conselleiros de Emprego, José González, e de Presidencia, Diego Calvo, avaliaron coas diferentes entidades a resposta á emerxencia. Na xuntanza participaron representantes da Hermandad Gallega de Venezuela e da Federación de Centros Españoles de Venezuela, así como da Federación Venezolana de Galicia e das asociacións venezolanas nas catro provincias galegas. O Goberno galego trasladou a máxima disposición para continuar traballando de... Máis información
-
11Xullo2026A delegada da Xunta no Uruguai salienta o labor do Hogar Español de Anciáns de Montevideo como referente de atención e coidado á colectividade audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na celebración do San Xoán organizada polo Hogar Español de Anciáns de Montevideo, unha xornada de convivencia que reuniu residentes, familiares, directivos e representantes da colectividade española. Durante o encontro, Domínguez puxo en valor o importante labor que desenvolve esta institución, referente da atención ás persoas maiores da colectividade española no Uruguai, e destacou... Máis información
-
09Xullo2026A Xunta enxalza a contribución da emigración galega ao progreso socioeconómico de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración clausurou o Encontro internacional de galegos no mundo, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid. José González salienta o apoio autonómico ao retorno coa Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que abarca máis de 100 medidas de axuda e acompañamento e dotada con 450 M€ para facilitar que milleiros de galegos poidan volver á comunidade. Subliña o papel clave de entidades como... Máis información
-
08Xullo2026A Xunta impulsa a formación de preto de 50 mestres de entidades galegas do exterior que difundirán o baile e a música tradicional de Galicia por América e Europa audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de inauguración do programa Escolas Abertas 2026. Desde hoxe ata o 20 de xullo o alumnado de Escolas Abertas -dunha idade media de 35 anos- recibirá formación especializada nas modalidades de baile tradicional galego, canto popular, pandeireta, gaita e percusión e habilidades directivas neste eido. González destaca o efecto... Máis información
Páxinas |









