Requirimento Único ás entidades que, transcorrido o prazo establecido, non presentaron a documentación xustificativa nos Programas de Subvencións do ano 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker
2689 lecturas
Requirimento Único ás entidades que, transcorrido o prazo establecido, non presentaron a documentación xustificativa nos Programas de Subvencións do ano 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

No presente ano 2010 a Secretaría Xeral da Emigración concedeulle ás entidades que se relacionan no Anexo subvencións, en atención ás solicitudes presentadas ao amparo dalgún/s dos programa/s incluídos nalgunha/s das seguintes convocatorias publicadas no D.O.G. nº 9, do 15/01/2010: Resolución do 11 de xaneiro de 2010, relativa a axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior; e/ou da Resolución do 11 de xaneiro de 2010, relativa a axudas e subvencións correspondentes aos programas de  apoio infraestructural; e/ou da Resolución do 11 de xaneiro de 2010, relativa a axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude.

De acordo co artigo 11º das devanditas resolucións, “a acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 15 de novembro de 2010”. Polo tanto, xa transcorriu o prazo establecido de xustificación, sen que polas entidades que aparecen indicadas no Anexo se presentase ante a Secretaría Xeral da Emigración a documentación xustificativa preceptiva correspondente aos programas que se indican:

E, de acordo co establecido no artigo 45º do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta Secretaría Xeral require ás entidades relacionadas no Anexo para que no prazo improrrogable de dez días presenten completa a documentación xustificativa nos programas indicados.

A falta de presentación, ou a presentación incompleta, da xustificación requirida no prazo establecido anteriormente comportará a perda do dereito ao cobro da subvención pola entidade, e, no seu caso, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional que se establece non eximirá ao beneficiario das sancións que correspondan, conforme á lei.

Ver listado (picar aquí para descargar)

Modelos de emendas:

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2010.

O Subdirector Xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
17.11.2010
Data fin de prazo: 
27.11.2010
Listas a convocatoria asociadas: