Requirimento Nº 2 de emenda da documentación xustificativa do Programa 3 de Axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior no 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker
1051 lecturas
Estado: 
Procedemento pechado

REQUIRIMENTO Nº 2.

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS Nº 2 DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA 3. AXUDAS PARA A EDICIÓN DE  PUBLICACIÓNS E OUTRAS ACCIÓNS INFORMATIVAS DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR  DA RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A DIVERSOS PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2010.

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa 3. Axudas para a edición de  publicacións e outras accións  informativas das entidades galegas no exterior da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 14º da resolución de convocatoria.

Ver listado: picar aquí para descargar

Modelos de emenda:

  • Anexo VI: (PDF)
  • Anexo VII: (PDF)

Data fin de prazo: 20 de decembro de 2010

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2010.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
07.12.2010
Listas a convocatoria asociadas: