Requerimentos de emenda das solicitudes de axuda para a edición de publicacións e outras acción informativas 2010 (Programa 3)

Listen to this page using ReadSpeaker
1706 lecturas
Publicación do listado de entidades galegas que deben enmendar as solicitudes de axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DO PROGRAMA 3. AXUDAS PARA A EDICIÓN DE PUBLICACIÓNS E OUTRAS ACCIÓNS INFORMATIVAS DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR. DA RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2010 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A DIVERSOS PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2010

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa 3. Axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 8º.2 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou non achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, C.P. 15704 Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Esta publicación realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com

Ver listado

Data de publicación: 
29.03.2010
Data fin de prazo: 
12.04.2010
Listas a convocatoria asociadas: