Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010
Nome do programa: Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010
Destinatarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou condición de centro colaborador.
Características:
Programas de axudas e subvencións:
- Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
- Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
- Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes de axudas e subvencións dirixiránse á:
Secretaría Xeral da Emigración
Rúa Básquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
A documentación presentada polas entidades deberá ser asinada polo secretario co viso e prace do presidente.
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Resolución: Resolución do 11 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010.
Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 9, do Venres 15 de Xaneiro de 2010.
Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración
Ano: 2010
Documentación:
Formulario de solicitude do programa A
Formulario de solicitude do programa B
Formulario de solicitude do programa C
Certificación de realización da finalización da subvención
Declaracións na fase de solicitude
Xustificativo do gasto realizado
Declaracións na fase de xustificación
GUÍA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados.
Data de publicación: 15 de xaneiro de 2010