Requirimentos de emenda das solicitudes de axuda correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior e programa de xuventude 2010
Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
Estado:
Procedemento pechado
Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 8º.2 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.
Programas
- Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
- Programa 2: Axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
- Programa 3: Axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterio.
- Programa 4: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
- Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010.
Data de publicación:
29.03.2010
Convocatoria asociada:
Listas a convocatoria asociadas: