Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
3059 lecturas
O obxecto deste programa é a concesión de axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para o exercicio 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Axudas e subvencións a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior 2010. 

Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior.

Características:

  • Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
  • Programa 2: Axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
  • Programa 3: Axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior
  • Programa 4: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente:

Secretaría Xeral da Emigración
Rúa Básquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
A Coruña

A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: Resolución do 11 de Xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación a favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 9, do Venres 15 de Xaneiro de 2010.

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración.

Ano: 2010

Documentación:

Formulario de solicitude do programa 1

Formulario de solicitude do programa 2

Formulario de solicitude do programa 3

Formulario de solicitude do programa 4

Declaracións na fase de solicitude

Xustificativo dos gastos realizados

Declaracións na fase de xustificación

GUÍA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos do programa directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación: 15 de Xaneiro de 2010

Listas a convocatoria asociadas: