Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010
Nome do programa:Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010
Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior
Características:
Poderanse subvencionar as actividades realizadas polas entidades galegas coa participación dos mozos e mozas e en favor dos membros da colectividade ata os 30 anos de idade, referidas a:
- Formación específica dos mozos e mozas na xestión das entidades galegas.
- Intercambios xuvenís de grupos de mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
- Formación específica dos mozos e mozas para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
- Promoción de actividades deportivas, en calquera especialidade, e fomento das escolas deportivas para a promoción do deporte de base.
- Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.
- Realización de actividades culturais (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao colectivo de mozos e mozas da colectividade.
- Creación de foros de debate e intercambio cultural entre mozos da emigración e mozos galegos, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.
Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente:
Secretaría Xeral da Emigración
Rúa Básquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Resolución: Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010.
Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 9, do Venres 15 de Xaneiro de 2010.
Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración.
Ano: 2010
Documentación:
Formulario de solicitude do programa
Declaracións na fase de solicitude
Xustificación do gasto realizado
Declaración na fase de xustificación
GUÍA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos do programa directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados.
Data de publicación: 15 de Xaneiro de 2010