Requirimento Nº 2 de emenda da documentación xustificativa das subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker
2984 lecturas
Requirimento Nº 2 de emenda da documentación xustificativa das subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Programas:

  1. Programa 1: Axudas a entidades galegas no exterior para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior e os seus descendentes.
  2. Programa 2: Axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos  e actividades asociativas propias das entidades galegas no exterior.
  3. Programa 3: Axudas para a edición de  publicacións e outras accións  informativas das entidades galegas no exterior.
  4. Programa 4: Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
Data de publicación: 
07.12.2010
Listas a convocatoria asociadas: