-
A escola habaneira de Santaballa rememorará o seu pasado o vindeiro sábado 24 coa celebración da primeira Xornada sobre Migración e Indianos, que organiza a liga Santaballesa con motivo da presentación do documental Lembranzas da infancia, recordos da...
-
O Centro Gallego de Montevideo acaba de conmemorar o seu 132 aniversario. O máis lonxevo dos centros galegos celebrou a xornada festiva baixo a presidencia de Jorge Torres Cantalapiedra, o primeiro non nacido en Galicia que dirixe a asociación.
Coa...
-
O venres 30 de setembro ás 20,00 h., no teatro Castelao do Centro Gallego de Buenos Aires, o Instituto Arxentino de Cultura Galega organiza a Disertación ilustrada sobre a nova danza galega e o maneo, a cargo do bailarín e coreógrafo Óscar Cobos.
-
A Casa de Galicia en Madrid acolleu onte a conferencia Álvaro Cunqueiro e o Xornalismo, que pronunciou a profesora lucense Monserrat Mera Fernández, especialista no autor galego. Con este acto, a Casa de Galicia únese á conmemoración do centenario do seu...
-
O domingo 18 de setembro, a partir das 13,30 h. na súa sede do coruñés barrio de Os Mallos, a Casa Argentina de A Coruña vai celebrar un Asado Arxentino. O prezo é de 7 € e de 5 € para os cativos/as (ata 10 anos). A asistencia debe confirmarse nos...
-
Será a historia recente da emigración no Saviñao contada polos seus protagonistas. Un grupo de emigrantes xa retornados e retornadas protagonizarán este venres en Escairón (20:30 horas) un acto divulgativo que leva por título Nós mesmos e se celebrará no...
-
Moitos e moitas deixaron a súa Costa da Morte natal fai xa moitos anos e algúns e algunhas xamais volveron, pero a pesar da distancia (en anos e quilómetros), a bisbarra segue moi presente na mente de todos os socios e socias da Asociación Benéfico...
-
Os novos profesores e profesoras lectores e lectoras de galego visitaron esta mañá a Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde tiveron un encontro de traballo con persoal deste departamento e co secretario xeral, Anxo Lorenzo. Durante o encontro, o...
-
Roxelio Martínez e Balbina Barreira son dous galegos residentes na cidade uruguaia de Montevideo que grazas á súa loita polos dereitos dos emigrantes recibiron este verán o premio Vixía da diáspora que recoñece o seu labor no mantemento da memoria do...
-
A XV edición do Curso de Verán da Escola de Danza da Sociedad Monterroso y Antas de Ulla chegou á súa fin cunha gala de clausura dedicada ao directivo da sociedade recentemente falecido, Víctor Manuel Cagigal.
O Teatro Mariana Grajales foi o escenario...