Mariví Villaverde

Mariví Villaverde

María Victoria Villaverde Otero naceu en Vilagarcía de Arousa o 22 de novembro de 1922. Filla do deputado Elpidio Villaverde, era aínda unha nena cando sofre o seu primeiro exilio. Marcha coa súa familia para Francia, onde xa estaba o seu pai a finais do ano 1936. Nese primeiro exilio, de preto de tres anos de duración, coñece a Ramón de Valenzuela. En outubro de 1939 embarca cara a Bos Aires, xunto coa súa familia.

Nese barco viaxaban tamén Amparo Alvajar e Arturo Cuadrado. Tardou cinco anos en volver ver a Ramón de Valenzuela, incomunicado neste tempo en cárceres e campos de concentración. A parella reencontrouse no ano 1945 para casar. Pensaban vivir en Galicia pero en 1949 tiveron que exiliarse a Bos Aires. Alí traballa no Teatro Galego da Federación e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal "Galicia". Regresa novamente a España en 1966, e falece na Residencia de Maiores de Ribadumia o 23 de abril de 2017.

Vídeo da entrevista: 
2893 lecturas