Díaz destaca a importancia de estreitar lazos para superar as adversidades

A Consejera de Presidencia y Justicia do Gobierno de Cantabria asistiu ao acto de entrega dos premios do XII Concurso Literario Julio Camba, que convoca o Centro Gallego de Santander e participou na homenaxe ás socias e socios veteranos da entidade.

Listen to this page using ReadSpeaker

Centro Gallego de SantanderA Consejera de Presidencia y Justicia, Leticia Díaz, destacou a importancia de estreitar lazos para superar as adversidades nunha situación socioeconómica tan complexa como a actual.

"Cando falla o material, o irmandamento é moi importante para saír adiante", puntualizou Díaz na homenaxe ás e os socios veteranos do Centro Gallego de Santander, segundo informou o Gobierno de Cantabria nun comunicado.

Neste acto, no que estivo acompañada polo secretario xeral do seu departamento, Javier Vidal, a conselleira incidiu nos lazos unen a todas as comunidades do norte de España e, en particular, a Cantabria e Galicia.

Referiuse á tradición emigrante das galegas e os galegos, afeitos, dixo, a saír das súas fronteiras e a ter destino en toda España e América.

Neste sentido, afirmou que Cantabria "acolle ben os que veñen de fóra e máis aínda aos irmáns do norte".

Díaz resaltou que Cantabria e Galicia teñen moitos puntos en común, non soamente culturais senón tamén en "o que depende do bravo cantábrico", o que fai a ambas as dúas rexións "ser fortes cando hai que afrontar a adversidade".

No acto destacouse a vinculación con este organismo de Jesús Juan Feal, Rafael Fernández, José Enrique Flores, Nemesio Yañez e Teresa Seoane por cumprir 25 de anos nesta asociación, e de Jose Quiroga, Jesús Pazos, Pedro Enrique Roca e Argimiro Veiga, integrantes deste organismo dende hai 50 anos.

Ademais, fíxose entrega dos premios aos gañadores do XII Concurso Literario Julio Camba, convocado por propio Centro Gallego.

Ramón Zarragoitia con Córdoba logrou o primeiro premio, mentres que o segundo correspondeu a Laura Fernández por Puntos suspensivos e o terceiro a Eva Barro por Arroz con leche.

 

Fonte: ABC | Fotos: Gobierno de Cantabria e Centro Gallego de Santander

690 lecturas