Maruxa Seoane

Maruxa Seoane

María Elvira Fernández López (A Coruña, 24 de xaneiro 1912), iniciou o seu noivado con Luís Seoane pouco antes da Guerra Civil. Cando o pintor se exiliou en Bos Aires, celebraron a distancia un casamento por poderes. A súa presenza ao carón do pintor fixo que Maruxa coñecese toda a intelectualidade da época e que presenciase e colaborase nalgunhas das principais iniciativas da cultura galega no exilio, coma o Laboratorio de Formas de Galicia, a editorial Citania, o programa radiofónico Galicia Emigrante ou Sargadelos, entre moitas outras.

Desde 1963 a vida do matrimonio desenvolveuse ás dúas beiras do Atlántico, alternando estadías en Galicia en Bos Aires. Incansable, organizou abondosas exposicións tanto en Galicia como en Bos Aires ou noutros países e participou en numerosos actos culturais contando co respecto e o apoio da intelectualidade galeguista do país.

O seu empeño por crear unha fundación que recollese e difundise o traballo do seu home viuse cumprido en 1996.

Faleceu na Coruña o 25 de marzo de 2003.

Vídeo da entrevista: 
3145 lecturas