Rosa Puente

Rosa Puente

Naceu na capital arxentina en 1930, filla única do ilustre galeguista Manuel Puente González. Cursou estudos de filosofía e letras na Universidad de Buenos Aires.

Debido á estreita relación de seu pai con Castelao, integrado ao grupo de galeguistas e exiliados en Buenos Aires, Rosa Puente participou de forma activa na organización do Primeiro Congreso da Emigración Galega (1956), nos Xogos Florais do Idioma Galego (1969), na Marcha Céltica á Avenida de Maio (1959) e noutras moitas actividades relacionadas con Galicia e celebradas na capital arxentina.

É membro do Instituto Arxentino de Cultura Galega de Buenos Aires e na actualidade preside a Fundación Manuel Puente. Desde 1998 leva a cabo un importante traballo de catalogación de fondos bibliográficos e documentais das entidades galegas no país austral.

Vídeo da entrevista: 
1544 lecturas