Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto

Nace en Santiago o 23 de outubro de 1915. De pequeno trasládase a Vigo onde realizará a maior parte da súa carreira. En 1950, con outro grupo de intelectuais galegos, funda a editorial Galaxia.

Desde sempre, caracterizouse por transmitir os seus coñecementos á xente máis nova. Coopera en numerosas iniciativas como as Mocidades Galeguistas de Vigo, a Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, as revistas Grial e Economía de Galicia.

Foi membro da Real Academia Galega e foi galardoado coa medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia.

Faleceu en Vigo o 25 de Abril de 2012.

Vídeo da entrevista: 
2388 lecturas