Fallo do Certame Literario de Narrativa Breve 90º Aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

Este venres celebrarase o acto de entrega dos premios.

Listen to this page using ReadSpeaker
15 de decembro de 2011.

Fallo do Certame Literario de Narrativa Breve 90º Aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República ArgentinaA Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina informa dos nomes dos que resultaron gañadores e gañadoras do Certame Literario de Narrativa Breve, organizado no marco do 90º aniversario da institución cuxa temática se centrou sobre "Vivencias da emigración galega".

O Primeiro Premio recaeu en Francisco Castiñeira Romar, coa súa obra Sobre maletas. O autor, nacido en Suíza en 1977, de pais galegos, reside actualmente en Regensburg, Alemaña.

O Segundo Premio correspondeulle a María Rosa Iglesias López, polo seu relato As voces do silencio.

Por expresa petición do Xurado, o Terceiro Premio foi compartido por tres autores: Xulio Romero Suárez, polo seu traballo O artista de Senande; Manuel Iglesias Iglesias pola súa obra Jornal dua viagem em 1990; e Horacio Rodio Sein polo seu texto No es que no vuelva porque me he olvidado.

A licenciada e os licenciados Débora Campos Vázquez, Andrea Cobas Carral e Hernán Díaz encargáronse de ler as máis de 80 narracións e de seleccionar as persoas gañadoras.

Tanto a organización do certame coma o Xurado cualificaron como sumamente exitosa a convocatoria que logrou esta iniciativa e destacaron con enorme satisfacción a gran calidade das obras participantes.

O acto de entrega dos premios, con entrada libre e gratuíta, levarase a cabo o próximo venres 16 de decembro, dende as 18.30 h. na sede da Federación, situada en Chacabuco 955, do barrio porteño de San Telmo, onde tamén se ofrecerá un brinde en homenaxe ás e aos galardoados.

1088 lecturas