Emigración recorda que a próxima semana pecha o prazo para que as entidades do exterior poidan solicitar as axudas para a promoción da cultura galega

Esta convocatoria apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude, cunha dotación de 1,3M€.

Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.

O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata o vindeiro xoves, 16 de marzo
O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata o vindeiro xoves, 16 de marzo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás entidades galegas do exterior que a próxima semana pecha o prazo para a solicitude da liña de axudas para as entidades galegas do exterior que conta cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e que se destinará a gastos de funcionamento, proxectos sociais e culturais. Este ano, a dotación desta axuda vese aumentada de cara a poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. 

Esta convocatoria conta con catro liñas: funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de acción informativas e proxectos promovidos pola xuventude, accións de especial relevancia e participación no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. 

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 500.000 euros,  

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 600.000 euros. Co obxectivo de axudar as entidades a realizar accións de especial relevancia, destinarase un crédito de 100.000 euros. Finalmente, e dado que este ano se celebrará o XIII Consello de Comunidades Galegas, ábrese unha liña especial para que as entidades poidan solicitar axudas para a súa participación, destinando en total a esta categoría 150.000 euros.  

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, ata o próximo 16 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. Máis información nesta ligazón.

505 lecturas