Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre as axudas para funcionamento e actividades culturais do 2023, ás que a Xunta destina 1,35M€
Tal e como explicou o secretario xeral por videoconferencia aos centros, esta liña tamén permitirá financiar accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude.
Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu unha videoconferencia coas e cos membros das 140 entidades galegas de España, Europa e América para informarlles sobre a nova liña de axudas destinada a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e de promoción da lingua galega. Na reunión estivo tamén presente a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.
Esta nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior conta cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e conta con catro liñas: funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude, accións de especial relevancia e participación no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.
En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínase a este fin 500.000 euros,
En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 600.000 euros. Co obxectivo de axudar ás entidades a realizar accións de especial relevancia, destinarase un crédito de 100.000 euros. Finalmente, e dado que este ano se celebrará o XIII Consello de Comunidades Galegas, ábrese unha liña especial para que as entidades poidan solicitar axudas para a súa participación, destinando en total a esta categoría 150.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 16 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. Máis información nesta ligazón.
Novas relacionadas