Emigración amplía o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe que o prazo amplíase ata o 2 de marzo.

Emigración destina a estas axudas 1,35 millóns de euros
Emigración destina a estas axudas 1,35 millóns de euros
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de ampliar o prazo para solicitar as axudas para o funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais que remataba hoxe.

A nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior contará cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e se destinará a axudar ao funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais.

Esta convocatoria conta con tres liñas: gastos de funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de acción informativas e proxectos promovidos pola xuventude e unha terceira de axudas para accións de especial relevancia.

280 lecturas