Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1461 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 17 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2023 (DOG Nº 33, de 16 de febreiro de 2023).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
16.02.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Programas de axudas e subvencións:

  • Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia.
  • Programa 4. Participación na reunión do pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas (só para entidades inscritas no REXGAL como comunidades galegas).

Entidades destinatarias:
Para os programas 1, 2 e 3 as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, de 13 de xuño, da galeguidade e para o programa 4 só as entidades inscritas como comunidade galega. 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*:  picar aquí para acceder á Sede Electrónica

*Nota: Só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) con independencia dos programas para os que pida subvención.

Outra documentación para consultar:

Prazo de presentación de solicitudes: desde o  17-02-2023 ata o 16-03-2023

Lugar de presentación das solicitudes:  

A)    Entidades con sede social en España
Presentarán as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

B)    Entidades con sede social no estranxeiro
Excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español poderán presentar as solicitudes por calquera dos seguintes procedementos:

  1. En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (Anexo I)
    Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común  das administracións públicas.

    No caso de envío por correo, deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

    Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.

    Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.
  2. Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, cos mesmos requisitos esixidos no apartado A) para as entidades con sede social en España.. 

As solicitudes ou a documentación que se presente por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o: 16-03-2023 (ás 23:59 hora española).

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160       
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.gal

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.03.2023