Emigración concedeu 1,2 millóns de euros en un total de 225 subvencións para axuda ao funcionamento e proxectos culturais das entidades galegas no exterior
O orzamento destas axudas incrementouse ata os 1,2M€ ante as circunstancias covid.
Desta cantidade, a Secretaría Xeral destina 800.000 euros ao funcionamento dos centros, duplicando as cifras do ano pasado de cara a paliar os problemas causados pola pandemia.
Esta convocatoria recolle axudas especificas para á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda destacou hoxe que este departamento autonómico aprobou a concesión de 225 solicitudes de entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e a realización de proxectos culturais, accións de especial relevancia e promoción do Xacobeo dentro desta liña de axudas para o presente ano.
Esta orde de axudas conta cun crédito orzamentario de 1,2 millóns de euros, resultando beneficiadas un total de 225 entidades.
Como novidades, este ano puidéronse acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e difusión da cultura galega, así como federacións de entidades e redes sociais.
Esta convocatoria conta con tres liñas: funcionamento, actividades e desenvolvemento de accións relativas á promoción do Ano Santo.
En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 800.000 euros, duplicando a cantidade destinada o ano pasado a este fin “debido a situación da covid-19, que reduciu enormemente a capacidade económica destes centros, moitos deles coas súas instalacións pechadas e as súas actividades paralizadas ou executadas vía telemática”, explicou o secretario xeral, quen engadiu que xa en 2020, esta partida foi incrementada ata un 50% pola mesma causa. “A Xunta é consciente da situación delicada que está a vivir a nosa colectividade a causa da pandemia. Non poden esquecer que nós estamos aquí para axudalos e apoialos”.
En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de actividades culturais, sociais, de accións informativas e as promovidas pola mocidade. Finalmente, e como outra novidade desta convocatoria, a terceira liña destas axudas ten como obxectivo axudar á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.
Novas relacionadas