A Xunta destina 1,35M€ para axudar a que as entidades do exterior poidan continuar promocionando a cultura galega

O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude.

Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 16 de marzo
O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 16 de marzo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior  que contará cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e que se destinará a gastos de funcionamento, proxectos sociais e culturais. Este ano, a dotación desta axuda vese aumentada de cara a poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. 

Esta convocatoria conta con catro liñas: funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de acción informativas e proxectos promovidos pola xuventude, accións de especial relevancia e participación no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. 

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 500.000 euros,  

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 600.000 euros. Co obxectivo de axudar ás entidades a realizar accións de especial relevancia, destinarase un crédito de 100.000 euros. Finalmente, e dado que este ano se celebrará o XIII Consello de Comunidades Galegas, ábrese unha convocatoria especial para que as entidades poidan solicitar axudas para a súa participación, destinando en total a esta categoría 150.000 euros.  

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 16 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. Máis información nesta ligazón.

717 lecturas