Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Marzo2023Emigración lembra cal é o procedemento de concesión e pagamento das bolsas BEME máster que se atopan en prazo de solicitude audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas. No seguinte vídeo as e os interesados poden coñecer o procedemento de solicitude, concesión e pagamento destas bolsas que poden solicitarse ata o 28 de abril. Máis información... Máis información
-
18Marzo2023A delegada da Xunta no Uruguai asiste ao concerto do grupo galego Luar na Lubre no teatro El Galpón de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao concerto que ofreceu en Montevideo o grupo galego de folk Luar na Lubre no teatro El Galpón, onde, con grande éxito de público asistente, presentou o seu último traballo Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos, un álbum que recolle a pegada artística, cultural e etnográfica do Camiño de Santiago. A xira de Luar na Lubre conta co apoio da Xunta de Galicia. Nos seus 37 anos de... Máis información
-
16Marzo2023As medidas de fomento do retorno da Xunta contribúen a reverter a tendencia ascendente do número de galegas e galegos do exterior, que se sitúan en 527.449 audio Baixan por primeira vez as e os galegos que viven no estranxeiro polo descenso das e dos nados en Galicia. O total de galegas e galegos do exterior diminúen dos 529.038 aos 527.449 actuais, e os que naceron na comunidade pasan de 136.962 a 131.446. O 24,9% das e dos galegos residentes no exterior naceron en Galicia, mentres o 73,6% naceron xa no estranxeiro. As medidas de fomento do retorno da Xunta de Galicia contribúen a reverter a tendencia... Máis información
-
16Marzo2023Miranda recorda, na súa visita á Hermandad Gallega de Venezuela, a próxima convocatoria das axudas económicas individuais de Emigración audio O secretario xeral da Emigración destacou que este ano incrementaranse arredor dun 30% as axudas sociais de carácter individual cara aos galegos e galegas do exterior en situación de precariedade económica. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou, durante a súa visita á Hermandad Gallega de Venezuela, a próxima convocatoria das axudas económicas individuais do departamento que dirixe, de cara a que as e os posibles... Máis información
-
15Marzo2023O secretario xeral da Emigración participa no encontro informativo das e dos empresarios galegos en México organizado por UMEGAL audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas no encontro informativo das e dos empresarios galegos en México organizado por UMEGAL (Unión Mexicana de Empresarios Gallegos), entidade presidida por Manuel Ángel Hermida. UMEGAL é unha asociación de empresarias e empresarios galegos radicados en México e fundada en 2007 en Cidade de México. O seu obxectivo é mellorar o benestar da sociedade a través da... Máis información
-
14Marzo2023Emigración anuncia a recuperación do programa Escolas Abertas, que se desenvolverá o próximo mes de xullo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que a convocatoria abrirase nas próximas semanas. Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou, durante un encontro cos membros do Centro Gallego de México, a recuperación, trala suspensión durante a... Máis información
-
14Marzo2023A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na Gran Romaría do Centro Gallego de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou esta fin de semana na Gran Romaría que organiza anualmente o Centro Gallego de Montevideo, onde as e os participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do 2022 promocionaron o Camiño de Santiago entre as e os asistentes. Na festa, que se celebra por primeira vez dende fai tres anos por mor da pandemia, xuntáronse máis de 1.300 persoas que puideron desfrutar das comidas,... Máis información
-
13Marzo2023Emigración recorda, a través da experiencia dun retornado universitario, que xa está aberta a nova convocatoria de bolsas BEME para cursar un máster en Galicia audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas. Hugo Cerviño, universitario galego do Brasil, retornou a Galicia grazas a unha bolsa BEME. Isto permitiulle conseguir un emprego en Galicia e trasladar a súa experiencia á súa... Máis información
-
12Marzo2023Emigración rende homenaxe á Agrupación Rosalía de Castro de Madrid polo seu centenario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos polo centenario da Agrupación Rosalía de Castro de Madrid, vinculada ao Centro Gallego de Madrid, no que destacou a importancia que, durante todos estes anos, tivo na capital de España esta asociación para a promoción da cultura galega. Ao longo do acto, no que tamén interveu a presidenta da agrupación, María Jovita Fernández Rodríguez, desenvolvéronse diversas... Máis información
-
11Marzo2023Miranda agradece o traballo en prol da cultura galega desenvolvido polo Centro Galego de Móstoles que cumpre 25 anos de existencia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde aos actos do 25 aniversario do Centro Galego de Móstoles durante os que destacou o intenso labor desenvolvido por esta entidade durante todo este tempo para promocionar a cultura galega nesta localidade madrileña. O aniversario, presidido pola presidenta do centro, María Jesús de la Fuente López, celebrouse xunto ao Festival Galicia en Móstoles, no que se puideron... Máis información
Páxinas |