Intervención do presidente da Xunta na cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2026
Intervención do presidente da Xunta na cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2026.

Galardoadas a as súas familias, grazas por estar aquí,
Presidente do Parlamento de Galicia,
Delegado do Goberno en Galicia,
Alcaldesa de Santiago de Compostela,
Xeneral xefe do mando de apoio á manobra,
Embaixador de España en Portugal,
Arcebispo de Santiago de Compostela,
Conselleiros e conselleiras,
Membros da mesa do Parlamento de Galicia,
Vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial,
Fiscala superior de Galicia,
Valedora do Pobo, presidenta e presidente dos órganos estatutarios galegos,
Presidentes das Autoridades Portuarias,
Voceiros do Grupo Parlamentario Popular e do Grupo Mixto, e parlamentarios da Cámara autonómica, do Congreso, do Senado e do Parlamento Europeo,
Presidentes das Deputacións de Ourense e Pontevedra,
Reitoras das Universidades de Santiago e Vigo,
Presidente da Real Academia Galega,
Representantes das Forzas e Corpos de Seguridade,
Corpo Consular acreditado en Galicia,
Autoridades militares,
Alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos concellos galegos,
Representantes dos empresarios e dos traballadores,
Autoridades e representacións,
Señoras e señores,
Entre a Galicia do “Este vaise i aquel vaise / e todos, todos se van” á que cantou Rosalía e a Galicia que gaña cada ano máis de 30.000 novos veciños transcorren 160 anos. Século e medio que explica a esencia dunha terra marcada pola emigración, primeiro nun sentido, despois no outro e en moitos casos emigración de ida e volta.
Como podería explicarse, sen a súa diáspora, a Historia dun pobo cuxo himno naceu ao outro lado do Atlántico? A primeira vez que cada galego se pregunta “Que din os rumorosos na costa verdecente?”, a primeira vez que sonou a partitura composta por Pascual Veiga para o poema de Eduardo Pondal, foi a 7000 quilómetros de aquí, no Centro Galego da Habana.
É evidentísima, patente e estamos moi orgullosos da pegada que deixou a emigración na identidade galega.
A emigración marcouno todo. Marcou a nosa literatura. Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Blanco Amor e moitos máis foron poetas e narradores na emigración. As Letras Galegas do ano que vén recoñecerán ao autor dalgunhas das mellores liñas sobre o que significa a nosa emigración: Xosé Neira Vilas.
A emigración marcou tamén as nosas vilas e cidades. Emigrantes foron José García Barbón e Policarpo Sanz, grandes mecenas da cidade de Vigo. Emigrantes foron os que financiaron e construíron escolas, casas indianas e centenares de servizos públicos nunha época na que Galicia precisaba de todo iso.
A emigración marcou a nosa economía. A empresa cervexeira que leva o nome de Galicia por todo o mundo nace dos aforros e o coñecemento que gañou José María Rivera en Cuba e México. E desde América chegou o impulso para moitas conserveiras, para o ferrocarril, para moitas industrias nunha terra sobrada de talento pero necesitada de capital.
E a emigración marcou, por suposto, a tantos milleiros de familias, tanto polos que marcharon como polos que quedaron e puideron estudiar e prosperar aquí en Galicia grazas ao esforzo dos que estaban fóra.
A Galicia exterior acolleu as ansias de liberdade cando aquí estaban reprimidas. Foi en Bos Aires onde Castelao pronunciou ese esperanzador discurso Alba de Gloria, prólogo dunha autonomía que a nosa comunidade gañou décadas despois.
Por iso, na Galicia de hoxe xa cabemos todos. Sexan cales sexan as nosas ideas, os nosos soños ou os nosos proxectos de futuro.
Non se trata de idealizar, nin desde logo preténdoo, o noso pasado emigrante nin as tristes razóns que levaron a el. Foron moitas as bágoas derramadas nas estacións de tren e nos peiraos, nas despedidas, como nos recorda a famosísima fotografía de Manuel Ferrol.
Do que se trata, e é unha obriga para todos nós, é de valorar e nunca esquecer todo o que lograron os centos de milleiros de galegos que tomaron o camiño da emigración.
Nestes días proxéctase unha nova versión da Odisea. Probablemente moita xente volva emocionarse coa historia do regreso de Ulises a Ítaca tras 20 anos fóra da casa.
Galicia tamén ten a súa propia Odisea. O relato que compoñen milleiros de partidas e regresos, de promesas e renuncias, de nomes e apelidos algúns famosos, e moitos, a inmensa maioría, anónimos. Na diáspora escribíronse algunhas das grandes páxinas da nosa Historia que sempre van permanecer.
A diáspora supuxo grandes triunfos, de persoas que gañaron o recoñecemento e admiración tanto en Galicia como nos seus países de acollida. Tamén houbo moitas decepcións, moitas derrotas e moitos soños incumpridos. Moitos galegos volveron con cartos e con moitas cousas, pero tamén houbo outros moitos galegos que se quedaron alá ou que volveron máis fracos, sen cartos e que coa alma desgastada. Todos, os que tiveron éxito e os que non, son fillos desta terra, e, polo tanto, todos merecen ser recordados. As súas biografías entrelazadas, danlle sentido ao que foi e o que ten que ser o noso pobo.
Hoxe en día, dicir “Galicia” significa algo en practicamente todos os lugares do mundo. O nome da nosa terra identifícase como sinónimo de traballo duro, de lealdade á palabra dada e tamén de arraigo nos sitios onde foron acollidos.
Co corpo lonxe da súa patria, pero a cabeza, o corazón e a alma sempre moi preto de aquí, a diáspora galega mantivo aceso o facho da galeguidade alá onde foi.
E nesa Galicia que estaba fóra de Galicia, nesa Galicia construída sobre esa tupida rede de apoios mutuos, foi onde se criaron as catro galegas que homenaxeamos hoxe e, a través delas, a tantas e tantas mulleres. Son catro historias, son unha pequena mostra, unha magnífica mostra, doutras moitas historias máis, anónimas, que inspiran en nós, estou seguro, un orgullo inmenso.
A Medalla para Claudia Álvarez recoñece o seu liderado empresarial e o compromiso coa sociedade. A súa familia, na Arxentina, foi unha das moitas sagas de galegos que emprendeu no ámbito da hostalería no seu país de acollida. Aínda hoxe son moitos os hoteis, en toda América e noutros moitos lugares, que levan no seu nome un anaco, un recordo, unha referencia a Galicia.
A Medalla para Carla Angola é un premio á defensa dos principios democráticos nun país e nun continente que necesitan especialmente dese compromiso. A mesma causa da liberdade que levou á súa familia a marchar de Galicia a América é agora a que defende Carla desde Miami, cando deixou de poder facelo na súa Venezuela natal.
A Medalla para Camila Fernández representa a excelencia profesional que demostraron, dende condicións, ela mesma o dicía, moi difíciles, tantos e tantos galegos no seu día a día. Ese ascensor social a base de esforzo. Aquí e no exterior. E, desde Brasil, Camila destaca pola súa actividade asistencial, científica e académica, e ademais polo labor que desempeñou como presidenta da Asociación de Empresarios Galegos en Río de Janeiro.
A Medalla para Beatriz Gil é testemuña da vocación de servizo público que teñen os galegos; os de aquí e os que están no exterior. Fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia e membro moi activo da colectividade galega en Zürich, esas dúas almas que foi capaz de explicar tan ben dende o atril, encarnan á perfección ese dobre vínculo: coa terra da que saíron os seus pais e coa terra coa que ela escolleu comprometerse sen esquecer a terra dos seus pais e a súa propia terra que é esta.
Son catro traxectorias distintas cun denominador común: Galicia. Acaban de coñecerse, hai poucas horas, e parecería que todas contan a mesma historia, que se coñecen hai moitísimo tempo.
Naceron no exterior, as catro. No exterior viviron a maior parte da súa vida e no exterior desenvolveron as súas carreiras, as súas traxectorias, pero xamais deixaron de sentirse parte do pobo galego. A nosa identidade non entende de quilómetros; entende de valores, de memorias e de afectos.
Estas Medallas de Ouro de Galicia saldan unha débeda histórica con milleiros de mulleres da emigración que abriron camiños para as xeracións seguintes. A diáspora galega tamén foi feminina, especialmente, pois elas foron quen sostiveron familias, comunidades, empresas e entidades galegas por todo o mundo. A nosa alma.
Este recoñecemento, o maior que concede Galicia, para Claudia, para Carla, para Camila e para Beatriz, éo tamén para todas aquelas mulleres anónimas que levaron, levan e levarán o acento galego polo mundo enteiro.
Hoxe miramos á Galicia exterior non con nostalxia, senón con ilusión e con ambición. E con moito orgullo. É un dos grandes patrimonios que temos como pobo, e moi poucos pobos poden dicir o mesmo.
Os que están fóra e queren volver, saben que teñen as portas da súa terra sempre abertas, por suposto; é unha obriga para todos nós. Desde a posta en marcha da Estratexia Retorna, xa houbo máis de 50.000 galegos e galegas, de toda condición, que decidiron tomar o camiño de volta á súa terra.
E os que están fóra e queren seguir alá porque teñen as súas vidas pero non esquecen as súas raíces, seguirán conformando esa rede oficiosa de embaixadores que sería a envexa de calquera servizo diplomático do mundo; e está aquí o embaixador de España en Portugal. Contar con esa presenza institucional reforzada abre moitísimas portas, desde o sentimento, e volveremos demostralo coa nova sede da Xunta de Galicia en Bos Aires en poucos meses.
Nun concerto internacional tan marcado neste momento por bravuconadas, polo uso da forza, Galicia ten que seguir persuadindo co seu poder, o que temos: o dos argumentos, a humildade, traballo... o sentidiño, en definitiva.
Hai un pouco de Galicia en calquera parte do mundo, e tamén hai moito de moitas partes do mundo en Galicia. Desde 2009, chegaron aquí 170.000 persoas máis das que marcharon. 170.000 persoas que chegaron aquí procurando unha vida mellor, como os galegos hai moito tempo. Unha vida mellor que os seus pais, os seus avós ou os seus bisavós.
Polo tanto, debemos ofrecerlles, é unha obriga de todos e cada un de nós, o que en tantos países recibimos nós, nos ofreceron: oportunidades, respecto e convivencia. E, por suposto, debemos esixir o que tamén esixiron a tantos emigrantes cando chegaron aos seus países de acollida: integración, esforzo, honradez e vontade de arraigo.
Igual que hoxe hai galegos de Düsseldorf ou de Rio de Janeiro, ou de Zúrich ou de calquera lugar de Arxentina ou de Venezula, haberá tamén, xa hai, uruguayos de Santiago ou peruanos de Lugo que viven con dúas almas. Estas identidades mestizas son a mellor testemuña, e o teñen que seguir sendo, dunha Galicia aberta que contribúe a facer do mundo un lugar mellor. Porque sabemos perfectamente do que estamos falando; vivímolo.
Os galegos de aquí e os de alí seguiremos traballando para seguir construíndo, porque é unha tarefa inacabada, esa Galicia universal da que forman parte, como magnífico exemplo, as catro premiadas de hoxe.
Coma ese Ulises da Odisea, os galegos demostramos que a nosa Ítaca galega nunca se esquece. Que sempre queremos volver a ela, sempre imos seguir querendo volver, e que, vaia onde vaia calquera galego, calquera emigrante, sempre levará un pouco da Galicia universal con el.
Polo tanto, moitísimas grazas ás catro premiadas. Sodes un orgullo. Aquí está a Galicia de aquí e a de fóra.
Moitísimas grazas.
Novas relacionadas