Novas
Buscador
- Feijóo salienta que xa está cumprido o 75% do obxectivo marcado para 2013 de lograr que 700 empresas estean exportando por primeira vez ao resto do mundo 16.07.2012 audio O presidente da Xunta mantivo encontros empresariais en Río de Janeiro co fin de explorar novas vías de negocio para as empresas galegas e tamén para que o empresariado brasileiro “poña a Galicia no punto de mira dos seus investimentos en España e Europa”. A día de hoxe, Galicia conta con 519 novas firmas que xa se iniciaron na exportación, o que... Máis información
- Feijóo asegura que as relacións comerciais entre Galicia e Arxentina “están blindadas” pola seguridade xurídica e o estado de dereito español e lanza unha mensaxe de “apoio e confianza” ao empresariado 15.07.2012 audio O presidente da Xunta constata a eficacia da oficina PEXGA en Buenos Aires, xa que máis de 200 emprendedores e emprendedoras buscaron a través dela oportunidades de negocio en Arxentina. Recoñece o peso dos empresarios galegos e españois en Arxentina e destaca o seu potencial futuro en sectores como a asesoría, a tecnoloxía, a automoción e o... Máis información
- O benfeitor cangués con acento porteño 15.07.2012 audio Rafael Gil preside un fogar galego para acoller persoas anciás en Bos Aires. A emigración dos anos 50 converteu en berce dos galegos e as galegas lugares como Arxentina, cuxas cidades se encheron de emigrantes que atravesaron o gran charco para labrarse un futuro mellor. O cangués Rafael Gil Malvido é un exemplo, xa que viaxou a Bos Aires, coa... Máis información
- A Casa Galega de L´Hospitalet celebrou a Semana Cultural Galega, con grande éxito de público. 14.07.2012 audio Dende o venres ata o domingo a colectividade galega, e a cidadanía en xeral, deuse cita neste xa tradicional evento da populosa cidade catalá. A pasada fin de semana concluíu a Semana Cultural Galega de Casa Galega en Hospitalet de Llobregat. Este ano cun novo lugar de reunión, a aceptación por parte da cidade foi moi positiva. Moita xente... Máis información
- O presidente da Xunta inicia unha viaxe de traballo a Sudamérica co obxectivo de afondar nas relacións comerciais e económicas e buscar novas oportunidades de negocio para Galicia 13.07.2012 audio Alberto Núñez Feijóo visitará Uruguai, Arxentina, Brasil, Colombia e posiblemente Venezuela, onde manterá encontros tanto co empresariado autóctono interesado en investir en Galicia como con emprendedoras e emprendedores galegos afincados no exterior . Feijóo salienta que a internacionalización é “a chave para a recuperación máis rápida da... Máis información
- Tui abre a oficina de atención ás e aos emigrantes retornados 11.07.2012 audio Asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias. A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Tui puxo en marcha o servizo de atención ás persoas... Máis información
- A Xunta destina preto de 5 millóns de euros para proxectos de educación para o desenvolvemento, cooperación exterior e consolidación de ONGD 10.07.2012 audio Un total de 4.326.000 euros van destinados á execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas ONGD. Outros 480.000 subvencionan 21 proxectos de educación para o desenvolvemento. A Xunta destina 4.806.000 a un total de 52 propostas que se dividen en proxectos de cooperación para o desenvolvemento... Máis información
- O Instituto Cervantes e a Consellería de Cultura e Educación colaborarán na difusión da cultura galega no exterior 10.07.2012 audio O secretario xeral de Cultura e o director do Cervantes acordaron onte asinar un protocolo para cooperar na realización de actividades culturais a través do centros do instituto. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes comprométense a colaborar na difusión da lingua e cultura galegas no ámbito... Máis información
- Emigración recibe 230 traballos para a segunda edición do concurso escolar “Un mundo de cor” 08.07.2012 audio O obxectivo desta iniciativa da Xunta é sensibilizar ás e aos máis cativos na diversidade sociocultural. A variedade e calidade dos traballos mantén o alto nivel acadado na edición do curso anterior. Ao longo desta semana coñeceranse os gañadores e gañadoras da segunda edición do concurso escolar “Un mundo de cor”, iniciativa cuxo obxectivo é que... Máis información
- Santiago de Compostela aproba o primeiro Plan Municipal de Emigración 06.07.2012 audio En Santiago vivían o pasado ano 4.149 persoas de nacionalidade estranxeira, unha cifra que creceu de forma progresiva dende o 2007. O Concello de Santiago dispón xa do seu primeiro Plan Municipal de Emigración, que recolle as iniciativas nas que fundamentará a atención administrativa e as accións formativas e de integración dirixidas ao colectivo... Máis información
Páxinas |









