Novas
Buscador
- A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade "A Nosa Galiza". 26.06.2012 audio A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, pode verse desde o 22 de xuño ata o vindeiro 22 de xullo en Xenebra (Suíza), por iniciativa da Sociedade Cultural e Deportiva “A Nosa Galiza”. A mostra, que xa percorreu diferentes países de Europa... Máis información
- Emigración organiza dúas xornadas sobre integración de persoas inmigrantes 25.06.2012 audio A primeira delas enfócase a entidades sociais e público en xeral, e a segunda ten como destinatario o persoal de concellos. A iniciativa terá lugar os días 25 e 26 na sede da EGAP. A Secretaría Xeral da Emigración vén de organizar, para os hoxe luns e mañá martes, dúas xornadas informativas baixo o epígrafe “Programa de integración para persoas... Máis información
- Camba celebra cos galegos e as galegas de Londres o ‘Día da Galicia exterior’ na capital británica 24.06.2012 audio O acto ten lugar cada ano no Instituto Cañada Blanch, un referente de recoñecida excelencia no ámbito educativo. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, vén de participar no ‘Día da Galicia Exterior’ de Londres, organizado cada ano polo Centro Galego da capital británica, fundado no ano 1968 e que na actualidade preside Nicolás Miño.... Máis información
- Feijóo: “Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen” 22.06.2012 audio O titular da Xunta participou onte no acto de presentación da biografía Murguía, de Xosé Ramón Barreiro Fernández, na sede da Real Academia Galega. “No seu maxín, na súa obra teórica, nas súas iniciativas, desenvólvese un galeguismo que non se identifica polas súas oposicións, senón pola capacidade aglutinadora”, destaca. Subliña que a propia Real... Máis información
- Santiago Camba recibe en San Caetano ás e aos integrantes da viaxe organizada pola Casa de Ourense de Bos Aires 20.06.2012 audio O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu en San Caetano, sede da Xunta de Galicia, a medio centenar de integrantes dunha viaxe organizada pola Casa de Ourense – Fundación San Roque de Bos Aires, que preside Alfredo Enríquez. Trátase dunha viaxe que esta entidade realiza con regularidade á Galicia territorial, para que as e os... Máis información
- 225 residentes no exterior benefícianse da edición deste ano do programa “Reencontros na casa” 19.06.2012 audio As e os 225 participantes da edición deste ano do senlleiro programa “Reencontros na Casa”, posto en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, comezaron chegar hoxe martes ao aeroporto de Lavacolla. Pasada as nove da mañá, aterraba o voo IB 546 coas e cos 106 primeiros, procedentes da República Arxentina, e ao longo de mañá mércores, está... Máis información
- Igualdade realiza unha investigación sobre a situación das vítimas de trata en Galicia, no marco do programa Itíneris 18.06.2012 audio Unha delegación de Brasil desenvolve unha visita de estudo a Galicia, que esta mañá foi obxecto dunha recepción institucional, presidida polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, á que tamén asistiron o fiscal superior de Galicia e o comisario xefe da Brigada... Máis información
- Unha delegación de Brasil, experta na protección dos dereitos das persoas vítimas de trata, visita Galicia no marco do proxecto Itineris 17.06.2012 audio A Xunta ofreceralle unha recepción institucional o día 18, presidida polo conselleiro de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, á que tamén asistirán o fiscal superior de Galicia e o comisario xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá de A Coruña. A participación no... Máis información
- Feijóo: “Os galegos somos un pobo cunha faciana pétrea, cheo de sentimento pero ao mesmo tempo dotado dunha fortaleza insuperable” 16.06.2012 audio O presidente da Xunta presidiu onte a inauguración da mostra "Gallaecia Pétrea", que conta a historia de Galicia mediante a pedra. Destaca a participación de 91 entidades e 76 profesionais e investigadores e investigadoras na organización da mostra que dá comezo ás actividades do Museo da Cidade da Cultura. “Os galegos somos un pobo cunha faciana... Máis información
- Santiago Camba participa esta fin de semana na romaxe galega da localidade arxentina de San Julián 15.06.2012 audio Tamén visitará Bos Aires e Comodoro Rivadavia. O secretario xeral da Emigración iniciou onte xoves unha visita a Arxentina que lle levará, ademais de á capital, ás localidades de Comodoro Rivadavia e San Julián. En Bos Aires, o responsable de Emigración da Xunta de Galicia reuniuse, na tarde de onte, coas e cos participantes no programa... Máis información
Páxinas |









