Emigración e a Delegación da Xunta en Arxentina seguirán apoiando o traballo realizado pola Asociación de Residentes de Salvaterra de Miño en Arxentina

Rodríguez Miranda recibe en audiencia ao presidente da entidade, a quen acompañou o alcalde da localidade da Galicia territorial que dá nome á asociación.

  • Imaxe da xuntanza celebrada en Compostela
    Imaxe da xuntanza celebrada en Compostela
  • De esquerda a dereita: Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración), Arturo Grandal (alcalde de Salvaterra de Miño) e Ricardo Domínguez Gil (presidente da entidade salvaterrense na capital arxentina) durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    De esquerda a dereita: Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración), Arturo Grandal (alcalde de Salvaterra de Miño) e Ricardo Domínguez Gil (presidente da entidade salvaterrense na capital arxentina) durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
  • De esquerda a dereita: Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración), e Ricardo Domínguez Gil (presidente da entidade salvaterrense na capital arxentina) e Arturo Grandal (alcalde de Salvaterra de Miño) durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    De esquerda a dereita: Antonio Rodríguez Miranda (secretario xeral da Emigración), e Ricardo Domínguez Gil (presidente da entidade salvaterrense na capital arxentina) e Arturo Grandal (alcalde de Salvaterra de Miño) durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015.

Continuando co seu permanente labor de contacto directo cos e coas representantes da diáspora galega, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente da Asociación de Residentes de Salvaterra de Miño na República Arxentina, Ricardo Domínguez Gil, a quen acompañou o alcalde da localidade da Galicia territorial que dá nome á entidade, Arturo Grandal.

Domínguez fixo un relatorio da actualidade desta comunidade galega e da situación do centro, así como do importante traballo que desenvolven a prol de toda a Galeguidade na capital arxentina, tanto a nivel asociativo propio, como formando parte da Federación Unión de Asociacións Galegas da Arxentina.

O secretario xeral amosou o apoio do seu departamento, e tamén da Delegación da Xunta de Galicia a cuxa fronte está Alejandro López Dobarro, ás actividades que leva a cabo a Asociación Salvaterra, e garantiu unha colaboración de presente e futuro na medida das dispoñibilidades orzamentarias: “Animamos a esta entidade, como a tódalas que fan un traballo rigoroso, a seguir polo camiño dunha Galeguidade unida, forte, e que responda ás expectativas que nela depositan os socios e socias”, afirmou Miranda tralo encontro.

Dende a súa creación en 1921, a a Asociación de Residentes de Salvaterra de Miño na República Arxentina desenvolve un relevante papel de punto de encontro para as e os naturais deste concello e a súa comarca, e tamén do resto de galegas e galegos en xeral. Ten realizado en diversas épocas un interesante traballo nos ámbitos culturais, sociais e lúdico.

Unha gran diáspora
Miranda achégase, mediante estas entrevistas e durante as súas estadías en Galicia, á realidade do millón de galegos e galegas que viven fóra da Comunidade Autónoma, 500.000 no estranxeiro e un número similar noutras terras españolas: “O contacto permanente e renovado con aquelas e aqueles que viven a diario, e alimentan, o mantemento da Galeguidade, inspira o noso traballo e supón un alicerce para as nosas políticas”, afirma o responsable autonómico de Emigración.

En imaxes
1134 lecturas