Novas
Buscador
- Miranda asistiu en Uruguai á homenaxe a Castelao da colectividade galega 11.02.2016 audio O secretario xeral da Emigración visitou a socios e socias e instalacións da asociación ‘Alma Gallega’, e do Centro Galego de Montevideo, e reuniuse cos presidentes de entidades trala homenaxe ao egrexio galeguista. Tamén se entrevistou cos pais e nais do alumnado da Escola Galicia, e mantivo unha xuntanza co embaixador español no Uruguai.... Máis información
- Conclúe con grande éxito a Semana Cultural 2016 do Centro Galego de Lleida 09.02.2016 audio Unha conferencia, mostra de manualidades, un obradoiro para as e os máis cativos, a presentación do nº 29 da revista da entidade, a asemblea xeral ordinaria, unha degustación culinaria e o Xantar de Irmandade foron os actos máis destacados desta xa tradicional cita organizada pola entidade galega da cidade ilerdense. O luns 1 de febreiro ás 19,00... Máis información
- Emigración amplía ata o 22 de febreiro o prazo para presentar as solicitudes das axudas económicas individuais e para comunidades galegas 05.02.2016 audio Tres resolucións publicadas hoxe no DOG establecen esta ampliación, que ten por obxectivo facilitar a presentación de solicitudes no período estival que viven arestora países cun amplo número de galegas e galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asina cadansúa resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia,... Máis información
- Vídeo do Bos Aires Celebra Galicia 2015 04.02.2016 audio Vídeo do Bos Aires Celebra Galicia que tivo lugar na capital arxentina o 10 de outubro de 2015. Máis información
- A nova exposición do Arquivo de Galicia achégase á emigración galega a través do patrimonio documental 02.02.2016 audio ‘Emigrantes: terras, xentes, emocións’, que foi presentada hoxe polos secretarios xerais de Emigración e de Cultura, reúne 45 documentos dos séculos XVII ao XX. A mostra, que permanecerá aberta na Cidade da Cultura ata o vindeiro 4 de marzo, pon de relevo a importancia da emigración na sociedade galega, así como o valor das fontes documentais para... Máis información
- Rodríguez Miranda compromete o mantemento do apoio da Xunta á comunidade galega con presenza en Río de Xaneiro 27.01.2016 audio O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho á presidenta do ‘Recreio dos Anciâos’, Regina Jallas. O mandatario autonómico anuncia unha visita á colectividade galega en Brasil para este primeiro trimestre de 2016. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago a Regina Jallas,... Máis información
- 24 emprendedoras e emprendedores retornados beneficiáronse en 2015 das subvencións de Emigración para o fomento da creación de empresas e emprego 26.01.2016 audio A previsión é que a convocatoria para 2016 se publique ao longo do mes de febreiro, e cun aumento orzamentario importante, dado o crecemento sostido do número de solicitudes. En palabras de Rodríguez Miranda, axúdase a crear novos postos de traballo “e aséntanse no territorio novas iniciativas emprendedoras, con recursos humanos e económicos que... Máis información
- Miranda analiza a actualidade da diáspora en EsRadio 25.01.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, deu repaso á publicación das ordes de axuda recentemente convocadas no DOG para persoas e comunidades galegas no Exterior, e outros aspectos da actualidade da diáspora, en conversa con Ignacio Balboa, na emisora EsRadio. Audio coa entrevista ao secretario xeral da Emigración (picar... Máis información
- As contas da Secretaría Xeral da Emigración nas redes sociais creceron un 46% en 2015, ata acadar os 15.000 seguidores e seguidoras 24.01.2016 audio GaliciaAberta.com no ‘Facebook’ ten xa 11.375 adheridas e adheridos, e son 3.269 as e os que seguen @GaliciaAberta en ‘Twitter’. Tamén a páxina web institucional acada case 15.000 visitas mensuais, cun tempo medio -por persoa usuaria e visita- de 3 minutos. Segundo Rodríguez Miranda, “o noso crecemento nestas mallas de ámbito mundial permítenos... Máis información
- Nota informativa sobre os cambios lexislativos en materia sociolaboral en Alemaña 22.01.2016 audio O documento publicado pola Embaixada de España no país xermano recolle os cambios que entraron en vigor en xaneiro de 2016. Tamén se informou sobre un servizo de asesoramento sobre C.V. que presta a Agentur für Arbeit en Berlín e Hannover. A Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña vén de publicar unha nota... Máis información
Páxinas |








