Miranda participa no “IV Nadal galego” organizado polas entidades galegas en Madrid, e visita as colectividades de Fuenlabrada e Alcorcón

  • De esquerda a dereita: Juan Luna, Pilar Falcón, Antonio Rguez. Miranda, Lucía Pérez e Chema Purón
    De esquerda a dereita: Juan Luna, Pilar Falcón, Antonio Rguez. Miranda, Lucía Pérez e Chema Purón
  • Imaxe do IV Nadal galego en Madrid, celebración que xunta á colectividade galega da Comunidade Autónoma madrileña
    Imaxe do IV Nadal galego en Madrid, celebración que xunta á colectividade galega da Comunidade Autónoma madrileña

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia á Casa Galega de Fuenlabrada
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia á Casa Galega de Fuenlabrada

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia á Casa Galicia de Alcorcón
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia á Casa Galicia de Alcorcón

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comparte esta noite o xa tradicional encontro de Nadal das e dos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza en Madrid, e organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón.

No evento participan cada ano asociacións sectoriais galegas con sede na capital española, e boa parte das socias e socios das casas e centros galegos da Comunidade de Madrid, que conforman un grupo de quince organizacións que garanten a presenza de Galicia en ámbitos dispares no terreo profesional (como o xurídico, o xornalístico ou o empresarial) e tamén xeográfico (con sedes na capital, pero tamén en Móstoles, Alcobendas, Fuenlabrada, Alcalá de Henares, Colmenar, Collado-Villalba, San Sebastián de los Reyes ou Tres Cantos).

Concretamente, neste “IV Nadal”, que ten lugar no Centro Cultural do Paseo de la Chopera de Alcobendas, intervirán o Coro “Xuntanza de Galegos de Alcobendas, a cantante Lucía Pérez (última representante de orixe galega no Festival de Eurovisión), e o artista Juan Luna.

Visita a comunidades
A axenda do secretario xeral da Emigración proseguirá con cadansúa visita a dúas colectividades galegas na Comunidade de Madrid. En primeiro lugar, achégase ata Fuenlabrada, para visitar aos socios e socias, e instalacións, da Casa Galega que preside María Jesús Fernández. A entidade, fundada en 1988 por emigrantes fundamentalmente de Ferrolterra, destaca por incentivar as actividades deportivas e culturais entre socias e socios, e tamén entre os galegos e galegas de segunda xeración xa nados nesta cidade madrileña.

Despois, Miranda trasládase ata Alcorcón, para saudar ás e aos membros da Casa Galicia, que preside Julio Carballeira. Esta entidade, que foi presentada oficialmente o ano pasado, está a desenvolver un importante traballo na unidade de acción dos preto de dous mil galegos e galegas de orixe que residen no municipio, segundo o censo local.

No total da Comunidade Autonóma madrileña residen en torno a 80.000 galegas e galegos de nacemento arestora censados, aínda que este número é estimativo: moitas das persoas residentes alí, por diversas razóns, seguen censadas nos seus concellos de orixe, e esta cifra tampouco contabiliza as segundas e terceiras xeracións de galegas e galegos xa nados alí.

1041 lecturas