Novas
Buscador
- O Lar Galego de Sevilla celebra o Día das Letras Galegas 2016 con numerosos actos 18.05.2016 audio A escritora sevillana Elena Marqués Núñez ofreceu unha conferencia sobre o homenaxeado Manuel María. Fállase o VIII certame de relatos curtos “María Teresa Rodríguez”, con máis dun milleiro de participantes de todo o mundo. Esta edición do premio, dotado con 1.000 euros, gañouna o escritor madrileño José Luis Hernández Garvi, co seu relato “Lejos... Máis información
- Miranda recibiu ao grupo de rosarinas que remataron o Camiño de Santiago 17.05.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na sede do departamento que dirixe ao grupo de peregrinas que, convocadas polo Centro Galego de Rosario (República Arxentina), vén de finalizar o percorrido do Camiño de Santiago e, por tanto, conseguiren a compostela. Malia que a convocatoria foi feita pola comunidade galega... Máis información
- Convocada a edición deste ano do programa ‘Reencontros na Terra’, do que se beneficiarán 135 galegas e galegos no exterior 16.05.2016 audio Mercé a esta iniciativa da Xunta, as e os maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial e poden beneficiarse dunha estadía de quince días na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, e aínda despois poden quedar coas súas familias ata un tempo máximo total de tres meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xullo... Máis información
- Miranda salienta na visita á Sociedade Espanhola de Beneficencia de Lisboa a solidariedade coas e cos máis desfavorecidos como marca distintiva da diáspora galega 15.05.2016 audio O secretario xeral da Emigración apoiou a posta en valor da obra das e dos artistas galegos actuais participando en cadansúa presentación de pintura e poesía. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, rematou esta pasada noite a súa viaxe oficial a Lisboa cunha visita a unha das institucións senlleiras da diáspora galega e... Máis información
- Miranda visita a comunidade galega en Lisboa e a Sociedade Espanhola de Beneficencia, histórica institución da diáspora para o coidado das persoas maiores 13.05.2016 audio O secretario xeral inaugura asemade a exposición do artista galego Cimadevila, e acode á presentación da última obra da poetisa galega Pura Salceda. Na rolda de contactos directos coa colectividade galega nas cidades e países onde se asenta, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cursa esta fin de semana visita -con axenda... Máis información
- Miranda e Dobarro comparten un tramo do Camiño de Santiago cun grupo de peregrinas e peregrinos procedentes de Rosario e Bos Aires 10.05.2016 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, acompañaron esta mañá, nun tramo do Camiño de Santiago na contorna de Portomarín, a un grupo de peregrinos e peregrinas procedentes de Rosario e Bos Aires que percorren a rota xacobea, nunha expedición organizada... Máis información
- Convocado o novo programa “Aventúrate con Galicia”, co cal a Xunta pon a disposición da mocidade do exterior cincuenta prazas máis para que poidan ‘vivir’ a Galicia territorial 09.05.2016 audio Mercé a colaboración entre Emigración e Política Social, rapazas e rapaces galegos da diáspora entre 14 e 17 anos de idade compartirán con residentes no territorio, a segunda quincena de xullo, actividades en tres lugares emblemáticos de Galicia, en instalacións dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta nova... Máis información
- Unha exposición recupera a figura esquecida de José María Cao Luaces, "Un galego patriarca da caricatura arxentina" 05.05.2016 audio Corenta caricaturas do debuxante lucense conforman a mostra que se poderá visitar na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal ata o vindeiro 12 de xuño. Promovida por Cultura e Educación, en colaboración co Club de Prensa de Ferrol, a exposición percorrerá ata final de ano as localidades de Pontevedra, Ourense, Lugo, Melide, A Coruña e Cervo,... Máis información
- A Xunta de Galicia dálle a benvida ao alumnado de galego do instituto londinense Vicente Cañada Blanch 03.05.2016 audio As e os 18 adolescentes de Londres que están en viaxe de estudos a Galicia foron recibidos polos secretarios xerais de Política Lingüística e de Emigración e mais pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres é un dos 20 centros de ensino preuniversitario de fóra de Galicia... Máis información
- A Xunta agradece aos emigrantes galegos e galegas en México a transmisión do sentimento de galeguidade ás segundas xeracións, xa nadas na diáspora 01.05.2016 audio O vicepresidente e o secretario xeral da Emigracións participaron na ‘Jira Campestre’ coa que a comunidade galega en México celebra o Primeiro de Maio. Alfonso Rueda gabou a influenza acadada pola colectividade galega na cidade máis poboada de América, e confía no aumento da presenza de Galicia no futuro grazas á mocidade galega criada no país... Máis información
Páxinas |









