Feijóo refírese ao plan de investimentos de Uruguai como un proxecto “ambicioso e valente” coa cooperación entre países como fórmula para garantir o progreso

O titular da Xunta participou, xunto ao presidente Tabaré Vázquez, na sesión inaugural do encontro empresarial 'Uruguay: Oportunidades de inversión y negocios'.

Tende a man a Uruguai “para abordar xuntos as mellores fórmulas de progreso” e subliña que as empresas galegas teñen moito que achegar: experiencia, solvencia e estabilidade.

Salienta a importante aposta do emprendemento galego polo I+D+i e pola colaboración coas universidades e os centros tecnolóxicos.

Incide en que unha traxectoria internacional en auxe avala o noso tecido empresarial.

Afirma que nesta época de incertezas e dúbidas a nivel mundial, os lazos entre ambos os dous pobos poden ser un faro de solidez e di que “Galicia seguirá aproveitando a oportunidade de ser a porta de entrada de Latinoamérica en Europa e de Europa en Latinoamérica”.

  • O titular da Xunta participou, xunto ao presidente Tabaré Vázquez, na sesión inaugural do encontro empresarial 'Uruguay: Oportunidades de inversión y negocios'
    O titular da Xunta participou, xunto ao presidente Tabaré Vázquez, na sesión inaugural do encontro empresarial 'Uruguay: Oportunidades de inversión y negocios'

  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou ao presidente da República Oriental do Uruguai, Tabaré Vázquez, a unha visita á Sociedade Deportiva Compostela
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou ao presidente da República Oriental do Uruguai, Tabaré Vázquez, a unha visita á Sociedade Deportiva Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao plan de investimentos de Uruguai como un proxecto “ambicioso e valente” para darlle un impulso ao país cara ao futuro e, coa cooperación entre países, como fórmula para garantir o progreso de todas e todos.

Durante a inauguración do encontro empresarial Uruguay: Oportunidades de inversión y negocios, Feijóo agradeceu ao presidente do país, Tabaré Vázquez, e ás e aos membros de seu Goberno, o feito de escoller Galicia para presentar este plan; “un proxecto valente, porque entende que o país pode avanzar máis se as empresas e as administracións traballan xuntas cara a un obxectivo común, e porque propón unha colaboración entre as empresas uruguaias e o capital internacional, co obxectivo de que cada un achegue as súas fortalezas e compense as carencias do outro ”, precisou.

Nesta liña, o responsable do Executivo autonómico tendeu a man a Uruguai, “para abordar xuntos as mellores fórmulas de progreso” e subliñou que as empresas galegas teñen moito que achegar. “Podemos achegar solvencia, porque o noso tecido empresarial saíu reforzado da recesión económica; podemos achegar estabilidade, porque Galicia ofrece seguridade xurídica e un contorno amistoso para as empresas; podemos achegar coñecemento, xa que as nosas empresas realizaron unha importante aposta polo I+D+i e pola colaboración coas universidades e os centros tecnolóxicos; e podemos achegar experiencia, especialmente en sectores como a construción, a obra pública, o naval, o forestal, o enerxético, a automoción ou o agroalimentario”.

Así mesmo, puxo de manifesto que algunhas das empresas reunidas neste foro xa forman parte das 288 empresas que en 2015 exportaron a Uruguai, incidindo en que unha traxectoria empresarial en auxe avala o noso tecido empresarial. Non en van, lembrou que os últimos tres anos foron os exercicios con máis exportacións da historia galega e, nos nove primeiros meses deste ano, as vendas ao exterior creceron un 4,7% fronte ao mesmo período de 2015, cifra que sitúa Galicia como a cuarta comunidade onde máis crecen as exportacións. “Ademais, incrementamos nun 11% o saldo positivo da nosa balanza comercial”, engadiu.

Galicia, porta de entrada de Latinoamérica en Europa e de Europa en Latinoamérica
O titular da Xunta expresou o seu convencemento de que, da mesma maneira que Uruguai e Galicia cooperaron para crecer ao longo do século XX, “esta relación se ampliará e reforzará durante as próximas décadas do século XXI”. “Galicia seguirá aproveitando a oportunidade de ser a porta de entrada de Latinoamérica en Europa e de Europa en Latinoamérica”, aseverou, facendo fincapé en que, nesta época de incertezas e dúbidas a nivel mundial, os lazos entre ambos os dous pobos poden ser un faro de solidez.

Nun momento no que parece estar desfacéndose o consenso en torno a que as fronteiras son máis útiles canto máis porosas sexan, e no que están en auxe movementos que reclaman volver a endurecelas, quebrar tratados de cooperación e volver a impregnar de desconfianza as relacións internacionais, Feijóo afirmou que “canto máis se fale de levantar muros, máis abrirá Galicia as súas portas”.

610 lecturas