Rodríguez Miranda invita aos galegos e galegas de Madrid a “perseverar e profundar no camiño da mutua colaboración entre centros galegos e asociacións sectoriais”, no que foron pioneiros

O alto cargo autonómico participou no V Nadal Galego organizado polo Clube de Xornalistas Galegos en Madrid, en colaboración con FAGAMA e a Secretaría Xeral da Emigración.

Miranda visitou tamén aos socios e socias e instalacións da Casa de Galicia en Alcorcón, que preside Miguel Fernández Arias.

  • Imaxe do Vº Nadal Galego celebrado na Casa de Galicia en Madrid
    Imaxe do Vº Nadal Galego celebrado na Casa de Galicia en Madrid
  • Imaxe do Vº Nadal Galego celebrado na Casa de Galicia en Madrid
    Imaxe do Vº Nadal Galego celebrado na Casa de Galicia en Madrid
  • Miranda, con membros da Casa de Galicia en Alcorcón
    Miranda, con membros da Casa de Galicia en Alcorcón
  • Miranda, con membros da Casa de Galicia en Alcorcón
    Miranda, con membros da Casa de Galicia en Alcorcón
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu o V Nadal Galego de Madrid cos membros das distintas entidades e comunidades galegas con presenza na capital española e provincia. O evento, un ano máis, estivo organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, en colaboración coas entidades e asociacións de galegas e galegos na capital, tanto sectoriais como centros galegos, integrados en FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid), e a propia Secretaría Xeral da Emigración.

Así, en cada edición participan quince organizacións que garanten a presenza de Galicia en ámbitos dispares no terreo profesional (como o xurídico, o xornalístico, o empresarial ou o médico) e tamén xeográfico (con sedes na capital, pero tamén en Móstoles, Alcobendas, Fuenlabrada, Alcalá de Henares, Colmenar, Collado-Villalba, San Sebastián de los Reyes ou Tres Cantos).

Precisamente, a colaboración entre centros e casas de Galicia de ámbito xeográfico con outras de carácter eminentemente profesional, foi posta en valor por Miranda na súa alocución ás persoas presentes: “As e os galegos de Madrid fostes pioneiros e punteiros, e así cómpre recoñecelo, en unir esforzos, e de facelo ademais entre asociacións xeralistas e sectoriais, algo que é moi difícil de ver fóra de aquí. En nome de Galicia e do seu Goberno, quero e debo recoñecérvolo”, afirmou.

O secretario xeral asegurou asemade que “esa unión é especialmente boa para Galicia por darse onde se dá: en Madrid, capital da nación e epicentro das grandes decisións nese ámbito. Galicia ten peso no conxunto de España, en gran medida, grazas a vós”.

Este V Nadal tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid, contando coa presenza do seu director, José Ramón Ónega. Na parte artística, a organización contou coa colaboración do coro da asociación ‘Xuntanza de Galegos de Alcobendas’, e despois dun espectáculo-concerto do Bruxo Queiman e Andrea Pousa.

En Alcorcón
A axenda do secretario xeral da Emigración na capital española comezou a primeira hora na Casa de Galicia de Alcorcón, onde visitou aos socios e socias, e instalacións, da entidade que preside Miguel Fernández Arias. Esta entidade, que foi presentada oficialmente o ano pasado, está a desenvolver un importante traballo na unidade de acción dos preto de dous mil galegos e galegas de orixe que residen no municipio, segundo o censo local.

No total da Comunidade Autonóma madrileña residen, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro deste ano, 78.040 galegos e galegas de nacemento arestora censados, aínda que este número é estimativo: moitas e moitos dos residentes alí, por diversas razóns, seguen censados nos seus concellos de orixe, e esta cifra tampouco contabiliza as segundas e terceiras xeracións de galegas e galegos xa nados alí.

1291 lecturas