Novas
Buscador
- A Xunta visita o Hospital Español de México, dirixido polo galego Daniel Suárez 01.05.2016 audio O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración entrevistáronse onte cos responsables da institución sanitaria. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron onte o Hospital Español de México e entrevistáronse cos responsables do Hospital Español de México,... Máis información
- Alfonso Rueda e Rodríguez Miranda visitan á comunidade galega en México, e comparten con ela a súa gran celebración anual do Primeiro de Maio 30.04.2016 audio O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración entrevistaranse esta tarde cos e coas responsables da institución que presta a maior parte da asistencia sanitaria aos galegos e galegas residentes na capital azteca. A comunidade galega posúe unha importante influenza social e económica na cidade máis poboada de América e a primeira... Máis información
- Feijóo e Tabaré avalían novas posibilidades de colaboración entre Galicia e Uruguai centrándose en sectores como as enerxías renovables para non depender do petróleo e dos seus derivados 26.04.2016 audio O titular da Xunta finalizou a súa viaxe institucional a Arxentina e Uruguai, cunha reunión co presidente da República Oriental do Uruguai. O presidente da Xunta refírese ás oportunidades da enerxía eólica mariña, sector no que Galicia está construíndo, neste momento, os principais parques de eólica mariña de Europa. Destaca positivamente o feito... Máis información
- Feijóo sinala que a Marca Galicia se asocia a confianza e estabilidade e sitúa a Comunidade como un bo lugar para investir 25.04.2016 audio O titular da Xunta participou hoxe nun encontro empresarial na Cámara Oficial Española de Comercio de Uruguai. “Acuñamos a Marca Galicia porque é sinónimo de confianza e para que, cando unha persoa teña un produto galego, saiba que detrás hai un esforzo e un traballo cunha excelente materia prima”, asevera. Pon en valor as capacidades de Galicia... Máis información
- Feijóo valora a vontade da mocidade descendente de emigrantes galegas e galegos por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai 24.04.2016 audio O titular da Xunta continúa a súa viaxe institucional en Uruguai, cun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, no que tivo ocasión de saudar tamén ás presidentas e presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos e mozas de orixe galega. Feijóo valora a vontade da mocidade descendente de emigrantes... Máis información
- Feijóo finaliza a súa viaxe institucional a Arxentina da que destaca a cálida acollida do país que segue a ter Galicia na súas coordenadas 24.04.2016 audio O titular da Xunta continúa hoxe a súa viaxe en Uruguai, cunha axenda económica e varias entrevistas institucionais, entre as que destaca unha xuntanza co presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez. Cualifica a reunión con Mauricio Macri de “moi frutuosa”; e salienta que o mandatario arxentino é consciente da relación de amizade... Máis información
- Feijóo refírese á galeguidade como a proba de que a convivencia e a integración do diferente é posible, “de que é posible e necesario mesturar costumes e formas de ser” 23.04.2016 audio O titular da Xunta asistiu esta tarde á celebración da festividade 'Bos Aires Celebra Galicia', que tivo lugar na avenida de Maio da capital arxentina e na que a colectividade galega é a principal protagonista. Subliña que Galicia nace como compendio de culturas, e Arxentina e Bos Aires crecen grazas á achega de culturas que se mesturan. ... Máis información
- Feijóo agradece a acollida de Bos Aires nunha viaxe que está a permitir estreitar as relacións institucionais e culturais entre Galicia e a capital arxentina 22.04.2016 audio Destaca tamén a oportunidade que, como invitado, lle brinda a cidade de poder saudar á colectividade galega na festividade Bos Aires celebra Galicia, un certame que contribúe a manter vivo o espírito da colectividade. O titular da Xunta reuniuse esta tarde co vicexefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Diego Santilli, e recibiu tamén o... Máis información
- Feijóo, nomeado Visitante Distinguido da cidade de Bos Aires 22.04.2016 audio O titular da Xunta manterá esta tarde unha reunión co vicexefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires. A distinción foi outorgada tras visitar, na tarde de onte, o stand da Xunta de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. A Defensoría del Pueblo de la Ciudad autónoma de Buenos Aires nomeou onte ao presidente da Xunta, Alberto... Máis información
- Feijóo refírese á Feira Internacional do libro de Bos Aires como unha proba máis “desa ponte indestrutible entre Arxentina e Galicia” 21.04.2016 audio O titular da Xunta participou hoxe na apertura da Feira Internacional do Libro de Bos Aires, cuxa 42 edición conta con Santiago de Compostela como cidade invitada de honor. Afirma que con esta feira a Galicia literaria volve a unha das súas orixes; “porque a nosa literatura terá aquí, en Arxentina, un renacemento cando a escuridade reinaba alá.... Máis información
Páxinas |









