Miranda invita ás e aos galegos do País Vasco a redrobar esforzos para manter e mellorar a boa imaxe exterior da nosa terra

O alto cargo autonómico gabou a integración das comunidades galegas en Euskadi, e a súa capacidade para “transmitir o cariño á nosa terrea ás segundas xeracións”.

O secretario xeral da Emigración clausurou o XXIII Gran Capítulo da Enxebre e Peregrina Confraría da Queimada no País Vasco, durante o que foron nomeados catro ‘confrades de gran honra’.

  • O secretario xeral da Emigración clausurou o XXIII Gran Capítulo da Enxebre e Peregrina Confraría da Queimada no País Vasco, durante o que foron nomeados catro ‘confrades de gran honra’.

Listen to this page using ReadSpeaker
Donostia / Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou este mediodía en San Sebastián o vixésimo terceiro Gran Capítulo da Enxebre e Peregrina Confraría da Queimada no País Vasco, que preside Xosé Antonio Vilaboa, unha das persoas que neste ano 2016 foron recoñecidas polo Goberno galego coa Medalla Castelao.

Precisamente, e durante a súa alocución ás e aos presentes, Miranda puxo a Vilaboa “e o resto de galegas e galegos en Euskadi” como “exemplo en integrarvos plenamente na cultura e sociedade de acollida, mantendo intactas as vosas raíces. E sodes igualmente exemplo en transmitir o cariño á terra galega ás segundas xeracións, aos vosos fillos e netos, fillas e netas. Mercé a ese cariño, vós e os vosos descendentes axudades de maneira impagable a propagar e fomentar esa excelente imaxe que –grazas ao voso esforzo- Galicia ten fóra das nosas fronteiras”, asegurou o secretario xeral.

O alto cargo autonómico lembrou a relevancia das comunidades galegas alén o territorio: “Soubestes estar ao carón da vosa terra nos tempos difíciles –por fortuna parece que xa superados- e pídovos que o sigades estando. Neste mundo globalizado, Galicia conta cun valor engadido fundamental co que contan moi poucos pobos no mundo, e ese valor sodes vós: os centos de milleiros de galegos espallados polo mundo, que actuades de auténticos embaixadores naturais de Galicia”, afirmou Miranda.

Este XXIII Gran Capítulo comezou cun amaiketako (aperitivo de media mañá típico en Euskadi), un desfile de tódolos e tódalas confrades ata a parroquia de San Ignacio –onde tivo lugar unha misa en galego, euskara e castelán-, novo paso coa compaña do grupo Trisquele ata a Casa do Concello donostiarra, aurresku de honra, actuación da Coral Polifónica de Bera, e solemne investidura de catro novos ‘confrades de gran honra’.

Novos confrades
Así, recibiron as súas credenciais a presidenta do Lar Galego de Pamplona – Casa de Galicia en Navarra, María Jesús Rodríguez; a filósofa Amelia Méndez; o secretario da Confraría Vasca de Gastronomía e presidente da Federación de Confrarías Gastronómicas, Juan Manuel Garmendia; e mailo deseñador gráfico José María Alemán.

As celebracións remataron cun xantar de confraternidade, no que estiveron presentes galegas e galegos de toda Guipúscoa e provincias limítrofes, e unha ‘gran queimada iniciática’ a cargo do Druida Queimador, presidente da Confraría, Xosé Antonio Vilaboa.

A Enxebre e Peregrina Confraría da Queimada no País Vasco, que conta con máis dun cento de confrades, é un centro colaborador da Galeguidade que ten por finalidade promover “as ligazóns de amizade entre os pobos vasco e galego, potenciar ambas gastronomías, e promover a atención aos peregrinos no Camiño de Santiago do Norte”, segundo se reflicte nos seus estatutos.

Galicia en Euskadi
As estatísticas oficiais sinalan que residen no País Vasco na contorna das 45.000 persoas nadas no territorio galego, pero o número das e dos que senten ligazóns familiares e persoais con Galicia é moi superior, por canto as segundas xeracións manteñen fortes vencellos coa terra dos seus pais e nais e avoas e avós.

Asemade, no territorio da Comunidade Autónoma Vasca existen trece entidades representativas da diáspora, das que once son comunidades galegas, un é centro colaborador da Galeguidade –a propia Confraría protagonista do evento-, e o outro é centro de estudos e difusión da cultura galega.

Delas, seis teñen sede na provincia de Biscaia (Bilbao, Baracaldo, Santurce, Sestao, Ondárroa e Ermua), cinco en Guipúscoa (dúas en Donosti, Eibar, Zarautz e Elgoibar), e dúas en Araba (Gasteiz e Llodio).

1225 lecturas