Novas
Buscador
- O fomento dunha memoria colectiva galega que poña en valor as achegas desde dentro e fóra do país, aspecto fundamental nas conclusións do relatorio de Cultura do XI Consello de Comunidades 07.06.2016 audio Celebrado no histórico Salón da Federación de Sociedades Galegas do Palacio do Centro Galego da Habana, este relatorio instou a aproveitar as potencialidades, tamén comerciais, do idioma galego. Os relatores foron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e mailo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Xulio... Máis información
- O Centro Galego de Rosario está a celebrar o seu 60º aniversario con diversos actos 07.06.2016 audio Froito da unión do extinto Centro Galego (1918-1944) e a 'Asociación de Saviñao y sus contornos' (1944), o actual Centro Galego de Rosario é fundado no ano 1956 por un grupo de trece mozos de orixe galega residentes na cidade rosarina. Ao longo deste 2016 está, pois, a celebrar o seu 60º aniversario cunha intensa axenda de actos sociais e... Máis información
- A implicación da mocidade nas comunidades galegas, factor necesario para que as TICs axuden a superar as barreiras xeográficas e horarias 06.06.2016 audio O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar na sede histórica da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, conclúe que a relación entre a diáspora e a Administración, no século XXI, precisa do desenvolvemento das novas ferramentas tecnolóxicas. O relatorio de Tecnoloxía do XI Consello das Comunidades Galegas,... Máis información
- As comunidades galegas marcan como prioridade na política social o mantemento da asistencia a persoas desfavorecidas e maiores 05.06.2016 audio Coinciden coa Xunta na necesidade de preservar e reforzar estes investimentos, como conclusión fundamental no relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades. O relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades Galegas, celebrado na Habana os pasados 27 e 28 de maio, concluíu a necesidade de relanzar os programas no ámbito... Máis información
- As comunidades galegas solicitan a creación dunha Medalla da Galeguidade, pulan por unha maior presenza da mocidade e a muller, e instan a introducir a historia da Emigración nos plans de estudo 04.06.2016 audio Son algunhas das conclusións do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas. O relatorio de Galeguidade do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado no histórico Palacio do Centro Galego da Habana, instou ao aumento da presenza da mocidade en tódolos órganos de debate, decisión e xestión neste ámbito. Para isto, as... Máis información
- Convocadas as bolsas Ourense Exterior 2016-2017 para a realización de estudos de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo 03.06.2016 audio Dirixidas á cidadanía residente no exterior que queira realizar estudos de mestrado no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, o prazo de solicitude remata o 20 de xuño. As persoas beneficiarias terán de balde a matrícula e axudas para gastos de viaxe e aloxamento. Nos criterios de valoración das solicitudes terase en conta o feito de ser... Máis información
- Feijóo agradece a Raúl Castro a cordialidade do pobo cubano e confirma o interese por concretar colaboracións en sectores como o agroalimentario, biotecnolóxico, enerxético e o das TIC 29.05.2016 audio O titular da Xunta reúnese por segunda vez co presidente da República de Cuba. Ambos os dous mandatarios acordan asinar, entre a Xunta, a vicepresidencia económica e nove ministerios cubanos, un memorando que xa está en redacción para concretar as actividades económicas que se poden levar a cabo entre Cuba e Galicia. O titular da Xunta agradece... Máis información
- Feijóo afirma que Galicia e os galegos e as galegas de todo o mundo “estaremos ao lado de Cuba neste ilusionante proceso de actualización que o pobo cubano decidiu emprender” 28.05.2016 audio O titular da Xunta presidiu o acto de clausura do XI Consello de Comunidades Galegas. “Desde a proximidade e desde o respecto e a xenerosidade, queremos acompañar a este país no seu camiño e queremos facelo coas ferramentas que pon o século XXI nas nosas mans”, asevera. “Estes días na Habana reforzouse a galeguidade”, di, e incide en que... Máis información
- Feijóo destaca o esforzo das comunidades galegas para integrar as xeracións máis novas e fai un chamamento para que a galeguidade sexa unha forza importante no mundo que nos toca vivir 27.05.2016 audio O titular da Xunta presidiu hoxe o acto de apertura do XI Consello de Comunidades Galegas. Afirma que galeguidade e modernidade non están rifadas, senón que son complementarias e se enriquecen mutuamente. “Os galegos non estamos simplemente en América; somos América”, di, afirmando que todas as comunidades presentes no plenario souberon manter o... Máis información
- O Lar Galego de Pamplona celebrou as Letras Galegas 2016 cun pasarrúas pola capital navarra 27.05.2016 audio O Lar Galego de Pamplona celebrou o sábado 21 o Día das Letras Galegas 2016 cun pasarrúas pola capital navarra, no que foron protagonistas as e os integrantes dos grupos folclóricos 'Os Jarteiriños Nosa Xente' de Hijos de Galicia de Sestao e da A. F. 'Os Fillos de Breogán' da entidade galega na capital pamplonica. Máis información
Páxinas |









