Novas
Buscador
- O secretario xeral da Emigración analiza coa colectividade galega de EE.UU. e México a actual situación da covid-19 nestes países norteamericanos 19.11.2020 audio Antonio Rodríguez Miranda destacou que durante o encontro tamén coñeceu como se está a vivir o proceso post electoral nos Estados Unidos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa colectividade galega de México e EE.UU. co obxectivo de coñecer como están a afrontar a situación que xera... Máis información
- Miranda presentará mañá ás 20 horas a través de Facebook Live o programa Un Nadal de Contos da Aula GaliciaAberta 19.11.2020 audio O secretario xeral da Emigración participará cos autores dos contacontos nunha vídeoconferencia onde explicará a nova proposta que comezará a emitirse a vindeira semana. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará mañá, a través dunha videoconferencia en directo a nova sección infantil do programa Aula GaliciaAberta... Máis información
- Miranda analiza co Centro Galego de Lisboa as dificultades que plantea a actual situación sanitaria no país veciño e planifica o vindeiro 2021 18.11.2020 audio O secretario xeral da Emigración destacou que segundo lle trasladan dende o Centro Galego de Lisboa, a colectividade galega no país lusitano está a atravesar a pandemia nunha situación similar á da nosa comunidade autónoma. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa colectividade galega... Máis información
- Emigración anima a coñecer a exposición Inventio Mundi no Museo da Construción Naval Exponav de Ferrol 17.11.2020 audio A mostra permanecerá aberta ata o próximo 30 de novembro e está organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración. A través de diversos paneis amósanse as consecuencias que tivo para Galicia a expedición de Magalhâes e Elcano que partiu fai 500 anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
- Antonio Rodríguez Miranda en esRadio: “Cada retornado que volve a Galicia é un gran valor para a nosa sociedade” 16.11.2020 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na programación matinal de esRadio, baixo a dirección de Ignacio Balboa. Alí falou sobre a situación da covid-19 e como está a afectar tanto aos emigrantes galegos e galegas no exterior coma ás e aos retornados, e en especial, como se están a cambiar as dinámicas das... Máis información
- A Xunta impulsa a cualificación e contratación das e dos emigrantes retornados a través das unidades formativas para persoas desempregadas 15.11.2020 audio A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a quinta convocatoria de 401 unidades formativas en 38 empresas galegas para 6.000 persoas desempregadas cun orzamento de máis de 10 millóns de euros. As contías máximas dos contratos indefinidos outórganse para os colectivos con especiais dificultades para atopar un emprego como son as e os... Máis información
- A Xunta agradece a colaboración das entidades galegas en Venezuela na xestión das axudas económicas individuais 14.11.2020 audio O secretario xeral da Emigración destacou que en 2020 entregáronse axudas a 1.400 familias que permitirán afrontar a estes galegos e galegas no exterior un ano tan difícil como o actual. Rodríguez Miranda recorda que as oficinas sociais das entidades galegas en Venezuela, en colaboración coa administración autonómica, manteñen aberta a tramitación... Máis información
- Miranda e López Dobarro recollen as demandas das e dos emigrantes galegos en Arxentina na actual situación de pandemia 13.11.2020 audio O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta nos países do Sur do continente pediron novamente a colaboración de todas as entidades galegas para a creación dunha rede de solidariedade que permita atender as situacións de necesidade no ámbito da colectividade galega. Ambos responsables políticos recordaron que o prazo para a liña de... Máis información
- Miranda visita a Federación Venezolana de Galicia para coñecer o estado da campaña de recollida de medicamentos que está a realizar esta entidade con asociacións de todo o territorio galego 11.11.2020 audio A Secretaria Xeral de Emigración recorda que se trata dunha acción solidaria na que a Xunta colabora no envío e que complementa a acción directa de axuda en Venezuela que tamén alí conta coa implicación dos centros galegos no país. O secretario xeral aproveitou a visita tamén para facer balance da colaboración con esta entidade durante o ano 2020,... Máis información
- O prazo de solicitude das axudas de emerxencia social para galegas e galegos no exterior remata o próximo luns, 16 de novembro 10.11.2020 audio A Secretaria Xeral da Emigración recorda que estas axudas permiten atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo luns, 16 de novembro, remata o prazo para a presentación das axudas de emerxencia social para galegas e galegos no exterior que teñen como obxectivo atender situacións... Máis información
Páxinas |









