O secretario xeral da Emigración analiza coa colectividade galega de EE.UU. e México a actual situación da covid-19 nestes países norteamericanos

Antonio Rodríguez Miranda destacou que durante o encontro tamén coñeceu como se está a vivir o proceso post electoral nos Estados Unidos.

O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas nos Estados Unidos e México
O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas nos Estados Unidos e México
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa colectividade galega de México e EE.UU. co obxectivo de coñecer como están a afrontar a situación que xera a actual pandemia da covid-19 e que é especialmente grave no caso dos Estados Unidos.

No encontro estiveron presentes Alfonso Martínez Lorenzo, presidente del Centro Gallego de México; Noelia Siaba, secretaria da Unidad Gallega de los EEUU; Miguel González Míguez, vicepresidente del Centro Ourensano Social Club; Michelle Mirón, directora de relacións institucionais da Nacional Spanish Benevolent Society e María Tajes, vicepresidenta do Círculo Español de Queens.

Durante a videoconferencia, tamén se analizou como están a vivir os galegos e galegas en Estados Unidos o proceso post electoral trala vitoria de Joe Biden.

Nestes dous países residen actualmente un total de 37.286 habitantes de orixe galega, segundo os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) publicados a data 1 de xaneiro de 2020 polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

595 lecturas