Miranda presentará mañá ás 20 horas a través de Facebook Live o programa Un Nadal de Contos da Aula GaliciaAberta
O secretario xeral da Emigración participará cos autores dos contacontos nunha vídeoconferencia onde explicará a nova proposta que comezará a emitirse a vindeira semana.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará mañá, a través dunha videoconferencia en directo a nova sección infantil do programa Aula GaliciaAberta.
A presentación, na que participarán tamén os autores dos contacontos, desenvolverase por Facebook Live mañá ás 20 horas (en España).
A nova iniciativa comezará a emitirse a vindeira semana e terá como eixe central a época de Nadal e as e os máis cativos.
Novas relacionadas