Novas
Buscador
- A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega, aos que se poden sumar as e os galegos do exterior e os retornados 20.02.2022 audio Ofértanse un total de 35 cursos gratuítos, 27 deles en liña e oito presenciais repartidos nas catro provincias. A solicitude de inscrición realízase a través dunha plataforma dixital e de xeito completamente telemático. A Xunta de Galicia vén de lanzar a convocatoria para participar nos cursos gratuítos preparatorios das probas Celga de formación... Máis información
- A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente 19.02.2022 audio O Goberno galego destina 50.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ao longo deste ano, ata o próximo 15 de novembro. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas para... Máis información
- A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno en Santiago atendeu a case 4.100 familias para facilitar a integración das e dos galegos retornados na súa contorna 18.02.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina situada no edificio Xera, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno. Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” documenta en vinte imaxes o secuestro do transatlántico Santa María 18.02.2022 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de febreiro do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da... Máis información
- Emigración traslada ao persoal técnico das entidades as novas ordes de axudas sociais de carácter económico 17.02.2022 audio Esta reunión permite formar ao persoal técnico das oficinas de información coas que contan as entidades colaboradoras en Venezuela, Brasil, Cuba, así como o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai de cara a que se poidan axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social. A Xunta destina este ano a estas liñas de... Máis información
- Miranda destaca os máis de 15M€ de axudas económicas directas a persoas emigrantes e retornadas durante a pandemia 16.02.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou hoxe na Comisión Primeira do Parlamento que o compromiso destinado ás accións e axudas ás comunidades galegas non supoñen un detrimento no apoio ás galegas e galegos do exterior máis desfavorecidos, senón ao contrario, xa que amplifican o apoio social ás persoas. Os programas de... Máis información
- Aberto o prazo para solicitar as Axudas Económicas Individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade 15.02.2022 audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que destina 2,75M€ ás persoas en grave risco social. O prazo de solicitude rematará o próximo 29 de marzo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. A partida deste... Máis información
- Emigración colaborará con Fegaus para achegar temas de interese xeral sobre Galicia de xeito telemático aos galegos e galegas do exterior 14.02.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, Fegaus, cos que analizou a colaboración desta institución nun proxecto que permitirá acercar temas de interese xeral sobre a comunidade autónoma a tódolos galegos e galegas do... Máis información
- Emigración destaca o impulso das entidades ás súas agrupacións musicais, que en 2021 acompañaron a diferentes artistas galegas e galegos de renome 13.02.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o impulso que, malia a pandemia, están a dar as entidades galegas do exterior ás súas agrupacións musicais, xa que en 2021 puideron acompañar en diferentes actuacións a artistas galegas e galegos de renome en diferentes lugares do mundo. Neste senso, a continuación expoñemos... Máis información
- A Xunta informa do servizo a través do que as galegas e galegos retornados sen titulación oficial poden acreditar as súas competencias profesionais 12.02.2022 audio A Xunta de Galicia conta cun procedemento, dispoñible de xeito permanente, para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Deste xeito, as galegas e galegos que desexen retornar a Galicia poden informarse a través deste vídeo que a... Máis información
Páxinas |









