Novas
Buscador
- A Xunta destina 1,3M€ a axudas, ás que se poden acoller galegas e galegos retornados, para incentivar que as persoas traballadoras autónomas xeren emprego indefinido 01.02.2022 audio O Goberno galego apoiará a contratación indefinida da primeira, a segunda e a terceira persoa traballadora nos negocios por conta propia, con contías ata os 22.500 euros. Compleméntase a axuda cun bono formación que supón 4.000 euros a maiores por persoa traballadora. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova liña de axudas á que se... Máis información
- O Carballo de Conxo chega á fase final da Árbore Europea do 2022 01.02.2022 audio O organismo europeo Bosques sen Fronteiras chega á súa fase final no concurso para elixir a árbore europea 2022, nomeamento ao que se postula o Carballo de Conxo, un elemento vexetal sobranceiro de Santiago de Compostela que conta con máis de 260 anos de antigüidade e que se atopa situado ao sur da capital galega. Dende hoxe ata o próximo 28 de... Máis información
-
A Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno na Coruña acompañou a case 1.600 persoas na súa integración en Galicia
31.01.2022
audio
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a oficina situada no edificio administrativo de Monelos que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos e galegas do exterior en todo o seu proceso de retorno.
Dende a súa creación, as cinco...
Máis información
- Emigración anima ás e aos galegos universitarios do exterior a preparar a súa documentación para a próxima apertura da campaña de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 30.01.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera as experiencias de antigas e antigos universitarios galegos do exterior que optaron a unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior – BEME, o que lles permitiu regresar a Galicia para ampliar a súa formación. O departamento autonómico anima así a aquelas e aqueles que cumpran os requisitos a que preparen a... Máis información
- A Xunta destina 13M€ á axudas para a contratación de persoas en situación de vulnerabilidade para dinamizar o mercado laboral, ás que se poden acoller as galegas e galegos retornados 30.01.2022 audio A Consellería de Emprego e Igualdade vén de convocar no Diario Oficial de Galicia o programa Galicia Emprega 2022 cun orzamento que aumenta nun 6,5% fronte a 2021. Estas axudas inclúen 500.000 euros que a Xunta destina á contratación de persoal de apoio a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. As contías base para apoiar a... Máis información
- A Xunta traballa na posta en marcha de bolsas de FP dual para galegas e galegos do exterior que desexen retornar 29.01.2022 audio O obxectivo é favorecer a incorporación de traballadoras e traballadores as profesións máis demandadas. Trátase dunha oportunidade para o retorno das e os galegos do exterior así como tamén para Galicia de contar con profesionais que xa traen consigo unha experiencia laboral e formativa noutros países. O Goberno está ultimando a nova Estratexia... Máis información
- Emigración destina 575.000 ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior 28.01.2022 audio O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que este ano mantense a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á administración. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova... Máis información
- As e os galegos do exterior retornados poden xa acreditar, a través da Consellería de Emprego, a súa experiencia en diversas cualificacións profesionais 27.01.2022 audio O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar este procedemento que recoñece, con carácter oficial e validez en todo o Estado, a experiencia profesional ou formación non formal das traballadoras e os traballadores galegos. As e os emigrantes retornados que así o desexen poden xa acreditar a súa experiencia en varias cualificacións... Máis información
- Emigración anima ás e aos universitarios galegos do exterior a solicitar unha bolsa BEME recordando que en breve se abrirá a convocatoria 25.01.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha Bolsa de Excelencia Mocidade (BEME) para facer un máster o próximo curso nas universidades galegas, tendo en conta que en breve abrirase a nova convocatoria. María Valverde, estudante bolseira BEME da Universidade... Máis información
- Emigración colaborará coa Fundación Luis Seoane co obxectivo de difundir o podcast mensual “Galicia é migrante” 24.01.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión telemática coa presidenta da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, e o director do programa “Galicia é migrante”, Alejandro Pan, co obxectivo de colaborar na difusión deste podcast mensual que busca homenaxear o espírito da emisión radiofónica que facía o... Máis información
Páxinas |









