Emigración e a Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil informan aos galegos e galegas residentes nese país sobre a convocatoria das bolsas BEME
A Secretaría Xeral da Emigración participou nunha charla informativa organizada pola Consejería de Educación da Embaixada de España no Brasil sobre a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que continúa aberta e que ofrece 250 prazas para realizar másters aos galegos e galegas residentes no exterior nunha das tres universidades galegas.
A subdirectora xeral do Retorno, Begoña Solís, xunto a dous ex bolseiros BEME procedentes de Brasil, Fernanda Góngora e Marcelo Daparte, trasladaron, a través dun Instagram Live, a información sobre os requisitos e trámites a realizar para a solicitude así como a súa experiencia nas universidades galegas e o seu futuro profesional en Galicia. As e os interesados poden volver ver a charla nesta ligazón.
Novas relacionadas