Novas
Buscador
- Emigración e a Federación Venezolana de Galicia renovan o seu acordo de colaboración para manter as súas oficinas de información ás e aos retornados 26.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar un acordo de colaboración. Deste xeito, a Xunta colabora con 50.000 euros que permiten a esta federación manter a atención na súa sede en Vigo, en... Máis información
- Emigración destina 75.000€ ao Hogar Español de Montevideo para a atención social a galegas e galegos residentes no Uruguai 25.04.2022 audio Esta axuda ten como obxectivo colaborar no funcionamento desta entidade sen ánimo de lucro, que dispón de persoal especializado de cara a promover o benestar das persoas beneficiarias de orixe galega acollidas neste centro. A Secretaria Xeral da Emigración destina 75.000 euros para o Hogar Español de Montevideo, de cara a axudar na atención... Máis información
- “A Virxe Roxa”, segundo documental do Ciclo Mestre Mateo que volveu ás salas de proxección de seis centros galegos do exterior 24.04.2022 audio Seis centros galegos do exterior proxectaron esta fin de semana o documental A Virxe Roxa, dentro do Ciclo Mestre Mateo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Este filme, precisamente, foi o gañador este ano na categoría de Mellor Documental dos premios do mesmo nome. O Instituto... Máis información
- Emigración complementa os mecanismos de atención social ás e aos galegos do Uruguai cun novo acordo coa Española para a atención no ámbito sanitario 23.04.2022 audio Esta entidade, sen ánimo de lucro, ten como obxectivo socorrer aos seus asociados e asociadas no caso de enfermidade, e a Secretaría Xeral da Emigración apoiará este labor de atención sociosanitaria con 30.000 euros. Deste xeito, a Xunta continúa a apoiar ás e aos emigrantes galegos no Uruguai a través de programas de apoio económico en caso de... Máis información
- Emigración lembra ás e aos universitarios galegos do exterior que está a piques de rematar o prazo de presentación de solicitudes das bolsas BEME 23.04.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda as mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que aínda están a tempo de solicitar unha Bolsa Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 deste mes. No... Máis información
- Miranda recibe ao tesoureiro do Centro Espanhol de Santos, con quen analizou a situación das e dos galegos residentes nesta cidade brasileira 22.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao tesoureiro do Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos, Ricardo Álvarez, con quen analizou a situación actual dos galegos e galegas residentes nesta cidade brasileira. Ricardo Álvarez tamén foi presidente con anterioridade desta entidade, e... Máis información
- Emigración anima ás e aos galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto de empregabilidade #RetoEmprego30días 21.04.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración anima ás galegas e galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto #RetoEmprego30días, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade a través de pequenos desafíos diarios de 15 minutos que axudarán ás e aos inscritos a estar máis preto do seu próximo emprego. O reto, organizado pola... Máis información
- Miranda recibe ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval 20.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede de Mazarelos, ao novo cónsul xeral da República Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, que ten como ámbito de actuación non só Galicia, senón tamén Asturias e Castela e León. Horacio Martín Doval asumiu recentemente este cargo relevando a Silvina Montenegro,... Máis información
- A Xunta pon en valor a progresiva recuperación da chegada de grupos de peregrinas e peregrinos 20.04.2022 audio A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu a case medio cento de peregrinas e peregrinos vinculados á Federación de Casas Regionales en Navarra. No que vai de ano seláronse case 25.400 Compostelas superando xa a cifra prevista para o remate desta Semana Santa. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu este sábado a un... Máis información
- Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU) co obxectivo de manter a súa Oficina de información 19.04.2022 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, firmou esta mañá o convenio que permitirá manter o asesoramento das e dos galegos do exterior desta provincia que deciden regresar a Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,... Máis información
Páxinas |









