O Club Galicia de Bonn celebra o Ano Santo cunha camiñada de 10 quilómetros

Imaxe da andaina polo Camiño de Santiago en Bonn
Imaxe da andaina polo Camiño de Santiago en Bonn
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2022.

O Club Galicia de Bonn organizou unha camiñada de dez quilómetros que saíu dende a emblemática Catedral de Bonn seguindo as cunchas do Camiño de Santiago que percorren parte do tramo que circula por esta cidade do estado xermano de Renania do Norte-Westfalia. 

Ao final do traxecto houbo un reparto de camisetas entre os socios e socias do Club Galicia. O Club Galicia de Bonn foi fundado en 1980 e serve como encontro intercultural para galegas e galegos residentes en Alemaña a través do deporte e da música e da cociña galegas. 

177 lecturas