Novas
Buscador
- A Xunta destinará 14M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023 02.05.2022 audio Primarase na contratación a inserción de persoas emigrantes retornadas, persoas con discapacidade, menores de 30 anos, paradas e parados de longa duración e vítimas de violencia de xénero. A Xunta destinará 14 M€ a convocar novas unidades formativas en empresas para lograr a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas ata 2023. Serán... Máis información
- Emigración participa na primeira romaría, a “Jira Campestre”, do Centro Gallego de México celebrada trala pandemia da covid-19 01.05.2022 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, quixo así apoiar á comunidade galega neste país que conta cunha importante e puxante comunidade de empresarias e empresarios galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de hoxe á primeira romaría, a “Jira Campestre”, que o... Máis información
- Miranda mantivo un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá 30.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo durante a súa visita a Panamá un encontro coa directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá. Deste xeito, Miranda interesouse pola situación desta entidade que data do 1885 e foi creada para axudar a todos os españois e españolas residentes en Panamá con necesidades... Máis información
- Miranda visitou a Sociedad Española de La Chorrera de Panamá, que conta con importantes lazos culturais con Galicia 29.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa viaxe a Panamá para visitar a Sociedad Española de La Chorrera, que conta con importantes lazos culturais con Galicia. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado polo embaixador de España en Panamá, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia. Esta entidade... Máis información
- A Xunta apoia á Fundación Nosa Terra na homenaxe aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá 29.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou durante o evento, no que estivo presente o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, que é “unha honra” que o país centroamericano conte cun memorial que recorde o labor daqueles 8.000 galegos, engadindo que esta iniciativa “é unha cuestión de xustiza”. O secretario xeral da... Máis información
- Miranda avalía co embaixador de España en Panamá a situación da colectividade galega 28.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas na Cidade de Panamá unha reunión co embaixador de España neste país, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia, con quen analizou a situación da colectividade galega tras estes dous últimos anos de pandemia. Na reunión, na que tamén estivo presente Gabriel Alou... Máis información
- Emigración explica o procedemento completo para solicitar unha bolsa BEME e lembra que mañá, venres 29 de abril, pecha a convocatoria 28.04.2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración volve animar ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria a solicitar unha das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para cursar un máster o próximo curso nunha das universidades galegas, tendo en conta que en a nova convocatoria finaliza mañá, venres 29 de abril. A blogueira... Máis información
- O especial “Historias de ida e volta” de abril céntrase na acción filantrópica do indiano José García Barbón 28.04.2022 audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de abril do especial Historias de ida e volta, un proxecto web realizado polo Consello da... Máis información
- Miranda supervisa o programa de formación laboral complementaria para as e os bolseiros BEME realizada en colaboración coa Fundación Ronsel 27.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, achegouse ata a sede desta entidade en Santiago para supervisar o labor das e dos orientadores que están a ofrecer itinerarios personalizados ás e aos universitarios galegos do exterior que están a cursar un máster nalgunha das tres universidades de Galicia a través dunha das Bolsas de... Máis información
- Miranda inicia mañá unha viaxe a Panamá e México para pulsar a situación das e dos galegos residentes nestes países 27.04.2022 audio O secretario xeral da Emigración participará mañá na cea de gala da Fundación Nosa Terra que forma parte dos actos de homenaxe ás e aos galegos que participaron na construción da Canle de Panamá. Tamén visitará a Sociedad Española de La Chorrera e a Sociedad Española de Beneficencia, así como manterá reunións coas autoridades españolas no país.... Máis información
Páxinas |









